Lugo, 8 de decembro de 2020. A Xunta de Galicia porá en marcha nas próximas semanas 15 unidades formativas en seis empresas lucenses para cualificar á carta a 225 persoas desempregadas.
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, subliñou que a Consellería de Emprego e Igualdade inviste 896.800 euros nesta iniciativa, que financia ao 100% e que permite atender as demandas do tecido empresarial galego promovendo unha formación adaptada e axustada ás súas necesidades.
As unidades formativas en empresas para desempregados e desempregadas inclúe por parte do tecido empresarial un compromiso de contratación de polo menos o 40% dos alumnos e alumnas que participen na medida; a Xunta apoiará ás compañías nas contratacións cando superen esa porcentaxe.
Na provincia de Lugo, empresas como Novafrigsa ou Greenalia Logistics asumen directamente a formación, mentres que noutros casos xestiónase a través de centros formativos homologados.
Este programa, o primeiro do Estado que ofreceu formación á carta dirixido ás empresas, permitiu desde a súa posta en marcha en 2018 a cualificación especializada de preto de 12.500 persoas desempregadas no conxunto da comunidade, a través de 845 cursos e cun investimento que supera os 21,3 millóns de euros. Así, 5.000 alumnos e alumnas puideron obter un contrato de traballo ao finalizar a formación.
Á proposta das propias firmas deseñáronse 19 programas de formación á carta que foron aprobados polo Estado. Así, grazas á iniciativa da Xunta, haberá 19 novos itinerarios formativos axeitados ás necesidades produtivas que agora terán validez en toda España, que se suman aos 41 da anterior convocatoria. Deste xeito, esta iniciativa ten permitido a inclusión de 60 novas especialidades, a proposta do tecido empresarial galego, no catálogo formativo do Servizo Público de Emprego Estatal.
Xunto coas unidades formativas para desempregados, a Xunta tamén desenvolve un programa similar dirixido a traballadores. Nos dous casos ofrécese formación á carta, adaptada ás necesidades que require o mercado de traballo actual. As dúas iniciativas forman parte da Axenda 20 para o emprego, coa que a Xunta está impulsando unha inserción laboral de calidade.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



