Viveiro, 25 de decembro, 2020. Este martes trouxo o goberno de María Loureiro a un pleno extraordinario convocado con urxencia, as 2:30 da tarde, un asunto tan relevante como é o Plan Xeral de Ordenación Municipal, no máis absoluto secretismo e para o cal tan só se teñen celebrado dúas reunións de traballo nun prazo de un ano e tres meses.
A primeira reunión foi o 18 de setembro de 2019, na que ao remate da mesma se chegou á conclusión de que a mellor opción era volver a inicialo desde cero, tendo en conta que pasaron 8 anos despois da súa aprobación inicial e porque:
Faltaban e faltan os informes favorábeis de Augas de Galicia, Axencia Galega de Infraestruturas, Deputación Provincial de Lugo.
O documento conta con 523 alegacións sen comunicar aos interesadxs.
Xurdiu numerosa lexislación nova ao respecto durante estes 10 anos que afecta directamente á redaccion do PXOM tal e como está, polo que habería que modificalo.
A elaboración do estudo de inundabilidade sobre a totalidade do ámbito municipal, no que se delimitan todas as Áreas de Risco Potencial Significativo de Inundación (ARPSIs), afectará substancialmente á ordenación do territorio modificando as zonas de asentamento detalladas na redacción do 2009.
Tendo en conta semellantes antecedentes, nesta reunión, a opinión maioritaria era a de retrotraer o procedemento de tramitación do PXOM á fase previa á aprobación inicial. Tanto é así, que todos os informes técnicos, incluído o da empresa redactora contratada coinciden nesta opción en todos os informes de 2019.
Na segunda reunión de traballo celebrada o 2 de decembro de 2020, un ano e tres meses despois, e á que fomos convocadxs sen coñecemento previo da documentación existente (e refirímonos a todos os informes elaborados a partir de outubro de 2019 que son uns cantos), a alcaldesa inicia a reunión dicindo que se vai levar a pleno o PXOM coa opción de continuar coa tramitación do documento elaborado no 2009. Xustamente a opción contraria á escollida na anterior reunión, e tendo en conta ademais o incumprimento do goberno de levar a cabo as reunión de seguemento do PXOM, alegando que non había cambios nin nada relevante que informar. Menos mal.
Preguntámonos que cambiou neste tempo? Que pasou para que a alcaldía decida optar por unha opción legal, sí, pero que non aporta a seguridade xurídica necesaria tal e como se recolle nos informes?
Unha opción que supón negar o dereito de participación cidadá e de transparencia nos procesos administrativos dándolle a opción aos veciños e veciñas de poder achegar novas alegacións e/ou suxerencias.
Unha opción na que se está primando sacar a diante o documento sexa como sexa, por encima de que o concello de Viveiro conte cunha ordenación e modelo de asentamento territorial axeitada. E tanto é así que a empresa redactora, deixao ben claro no seu informe, que citamos literalmente:
“No informe de outubro de 2019, contemplábase a posibilidade de realizar modificacións substanciais, introducindo novos criterios de ordenación ou buscando alternativas de crecemento noutros ámbitos territoriais. Dita posibilidade quedaría descartada, ao optarse por evitar a nova exposición pública. Por tanto garantiríase a inexistencia de tales modificacións substanciais, no mero cumprimento do informe vinculante, sen propoñer en ningún caso novas alternativas aos desenvolvementos urbanísticos que fosen cuestionados no devandito informe.”
E con este exemplo queda patente, que os informes realizados no 2020, son informes feitos a medida a petición do equipo de goberno, que unilateralmente decideu optar pola opción menos segura xurídicamente, menos transparente e menos participativa que permitirá “aprobar un documento caduco e desfasado no momento da súa aprobación”, tal e como recolle o informe do arquitecto municipal.
Todo isto despois de pasar 10 anos dende a súa aprobación inicial, no que o goberno municipal do PSOE onde xa estaba daquela María Loureiro no mesmo, pouco o ou nada tivera feito por poñelo en marcha, e que agora de repente entráronlle as présas por sacar adiante, coste o que coste e saia como saia, o Plan Xeral.
Desde o BNG queremos decirlles aos veciñxs de Viveiro que hai detrais desta decisión, porque o argumento do goberno de María Loureiro de que é “polo interese xeral da cidadanía” cae polo seu propio peso no momento en que pretenden aprobar o PXOM tal e como e está, un documento obsoleto redactado no 2009 e que non vai ofrecer a seguridade xurídica necesaria para poder desenvolvelo, tal e como especifica no seu informe de outubro de 2019 o arquitecto municipal que literalmente di:
“O PXOM encóntrase, logo de pasados 8 anos da súa aprobación inicial, [abril 2011], nun contexto social e económico cando menos distinto que o de partida e nun marco normativo novo. Tal situación imposibilita a continuidade na tramitación dun documento que resultaría caduco e desfasado no momento da súa aprobación definitiva.”
Para non esquecer, de que optan por esta opción porque SUPOSTAMENTE abreviará os prazos, mais nada hai en firme, tal e como di a secretaría no seu informe:
“No suposto de que se proxecten modificacións que alteren substancialmente a ordenación proxectada, se adopten novos criterios en relación coa clasificación e calificación do solo ou en relación coa estrutura xeral e orgánica do territorio e se estea, consecuentemente ante unha modificación substancial, deberase realizar unha nova exposición pública, tal e como esixe a Disposición Transitoria Segunda da LSG. Esta análise deberá realizarse novamente unha vez se introduzan no documento do PXOM as modificacións ás que se fai referencia nos informes técnicos, co fin de comprobar e analizar exhaustivamente nese momento a posible existencia de modificacións substanciais.”
Polo que o Goberno do PSOE de Viveiro decidiu continuar cun documento desfasado, co único obxectivo de acortar tempos, mais nada hai en firme que así o garanta, polo que veremos ao final os atrancos que vai ter que superar este documento para sexa aprobado por parte da Xunta e o tempo que conlevará aprobar un PXOM con permisos caducos.
Tendo en conta todo o exposto, o Bloque Nacionalista Galego de Viveiro propuxo ao pleno de que unha vez modificado o PXOM e que unha vez que se incorporen todos os documentos necesarios, se traia a pleno para decidir aprobar ou non a súa exposición ao público (sexa ou non necesario legalmente este trámite) e darlle así unha mínima transparencia e de democracia a este documento. O goberno municipal de María Loureiro, unha vez máis, fixo ouvidos xordos á proposta realizada por Míriam Bermúdez.












Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



