Lugo, a 1 de decembro de 2020. O voceiro do Grupo Provincial do Partido Popular, Javier Castiñeira, considera que José Tomé “se ve temeroso ante a oposición” e critica que “use a condición de presidente para manexar o debate de forma subxectiva e partidista”.
Así o expón Castiñeira logo de comprobar como nos dous plenos extraordinarios, celebrados no día de onte, o socialista amosou un carácter ditatorial e impositivo. Concretamente, o popular refírese ao momento no que se debateu a proposta de presidencia sobre a disolución de Suplusa, e na que o tamén alcalde monfortino obrigou ao grupo da oposición, neste caso ao PP, a iniciar o debate. Textualmente, Tomé indicoulle ao voceiro popular o seguinte: vostede empeza e se non, non fala.
Trátase dunha actitude que, en palabras de Castiñeira, se vai incrementando a medida que avanza a lexislatura, ata o punto de que o socialista se comporta “como un neno que ten a pelota para dirixir o partido”. “O Sr. Tomé, que tanto lle gusta falar en termos futbolísticos, como árbitro é verdadeiramente malo. Non entende que os dous rivais deben de actuar nas mesmas condicións”. Proba delo, apunta, é que ante esta situación, non foi capaz de explicar os motivos polo que é ordenaba á oposición iniciar o debate.
Tomé, “desbordado pola oposición”
Esta circunstancia, que se está a converter nunha dinámica común en cada sesión, evidencia que o presidente da Deputación “se ve desbordado pola oposición; que puxo uns cronómetros para evitar que o debate fose fluído e libre; que teme as sesións plenarias e que intenta manexar o debate moi friamente, sumido nun reloxo pero só para os demais, porque el fala a escape libre”, insiste.
Por este motivo, o Grupo Provincial do PP pídelle ao monfortino que “se tranquilice e que, sobre todo, xogue limpo; que trate de buscar o debate e non prexudicar aos mesmos, que somos os que estamos na oposición”, conclúe.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



