Non soa mal… ‘Ladan’. Por se alguén non se decatou, ‘Nadal’ ó revés. Un nome novo, algo así como dicir ‘prepárate e date a volta’ ante unha festa tradicional. Tampouco me soa mal a idea de dar a volta a esta festa. Non se trataría dun anti-Nadal, senón doutra cousa. A ver se aclaro a idea.
Que vos parecería comezar o ano no Nadal? Refírome a preparármonos para dar a volta e volver a través do 2020. Ou cres que o 2021 vai ser mellor? Pois estou por dicir que non alucines, que o 2020 tampouco tiña mala pinta…
Virus na primavera. Virus no outono. Segunda onda. Terceira onda, din xa algúns. Máis cansazo. Histérese, poderíase dicir: ‘Fenómeno polo cal o estado dun material non depende só da forza que actúa sobre el senón tamén dos estados anteriores o que se manifesta polo retardo do efecto con relación á súa causa’, segundo a RAG. Si, a xente estamos cansos de máximos repetidos dos contaxios, de medidas que van e veñen, de incerteza, e respondemos peor. E no outono caía a luz.
Chegou o solsticio de inverno. Agora a renacer a luminosidade, aínda que baixen as temperaturas ata febreiro. Coa luminosidade retómase a esperanza: é un mecanismo ó que respondemos os humanos. Esperanza, un termo que en tempos ‘nadocoronavirus’ pode ser equívoco. Esperanza: chegou a vacina… pero non se sabe moi ben, pode transmitirse o virus igual, non está claro o tempo de protección, segue a haber mutacións… Esperanza, pero non se pode baixar a garda, mentres a economía tradicional afunde e tampouco está claro que para solucionar o afundimento o sistema vaia adaptarse moito, por máis que sexa evidente que o que funcionou foi ‘outra economía’ de solidariedade, resistencia, coidados…
De calquera xeito, hei de confesalo: a idea Ladan chegou a raíz de que todo o mundo dixera que este ía ser un Nadal atípico. Nadal atípico? Que é o ‘típico’ nunha celebración que non ten tanto que ver coas que lembro de pícaro -algo tamén evidente para quen teña unha certa idade-. Este ano dábase por descontado un cambio imposto máis que a continuidade desa evolución que se ven dando. Quizais unha miguiña de ‘re-volución’, pero por suposto ninguén -ou case ninguén- contaba cunha involución. E pode que sexa isto último o que tivo máis importancia: máis que revolucionar a celebración, volveuse a vista atrás, recollendo algo dun sentido perdido ante un mercado que se adaptou, pero non de xeito total.
Somos animais de costumes, pero paga a pena intentalo, o ser feliz sen que as costumes constrúan unha cárcere ó noso arredor, si. Como calquera día da nosa vida. Iso pode significar un pouco de ‘involución’, mais sobre todo debera ser mostra de sabiduría, un moito herdada, pero outro moito anovada para adaptarse a uns tempos que necesitan diso, de adaptación.
Feliz ‘día’, de calquera xeito. Mais, como esta verbas chegarán despois do 25D, quizais para rematar debera preguntar: (tiveches) Feliz Ladan?








López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



