
Foto de arquivo
Lugo, 28 de decembro de 2020A Deputación de Lugo celebra que OS RESULTADOS DOS CRIBADOS MASIVOS realizados tanto a residentes como a traballadores e traballadoras do Centro de Atención a Maiores (CAM) de Trabada FORON TODOS NEGATIVOS.
Estes resultados demostran, ademais, que o positivo do que se deu traslado o día 24 de decembro RESULTOU FINALMENTE UN FALSO POSITIVO, UNHA POSIBILIDADE QUE XA APUNTOU DENDE O PRIMEIRO MOMENTO A INSTITUCIÓN PROVINCIAL.
POLO TANTO, A DEPUTACIÓN DE LUGO INFORMA DE QUE NON EXISTE UN FOCO NA RESIDENCIA DE TRABADA E QUE O CENTRO ESTÁ LIBRE DE COVID-19, tendo en conta o seguinte:
No día de hoxe, a institución provincial confirmou que o CRIBADO MASIVO QUE REALIZOU CON RECURSOS PROPIOS AO CAM DE TRABADA FOI NEGATIVO TANTO PARA USUARIOS COMO PARA TRABALLADORES.
Foi o propio persoal sanitario da Deputación, quen tras realizar as probas no día de onte, entregou as mostras nun centro de diagnóstico lucense autorizado pola Xunta de Galicia, que consta inscrito no Rexistro de Centros Sanitarios. O resultado das probas realizadas aos traballadores e traballadoras e usuarios e usuarias do CAM de Trabada foi negativo. Sinalar que a Deputación incluso habilitou distintos mecanismos para realizar as probas PCR a algún traballador que se atopaba fóra de Galicia.
ESTES RESULTADOS SON COINCIDENTES COS REALIZADOS POLAS PROPIAS AUTORIDADES SANITARIAS CON COMPETENCIA NA MATERIA, O SERGAS, que comunicou no día de hoxe á directora do Centro de Atención de Maiores de Trabada que OS RESULTADOS DAS PROBAS FORON TAMÉN TODOS NEGATIVOS, TANTO DOS USUARIOS COMO DOS TRABALLADORES.
VISTO O RESULTADO DE AMBOS CRIBADOS, CONFÍRMASE QUE O POSITIVO DO QUE SE DEU TRASLADO NA TARDE DO 24 DE DECEMBRO RESULTOU SER UN FALSO POSITIVO.
A Deputación de Lugo recibe con satisfacción este resultado e subliña que os protocolos de seguridade que aplica nos centros de maiores da súa titularidade dende antes da declaración do primeiro Estado de Alarma, en moitas ocasións con medidas por riba das establecidas polas autoridades sanitarias, están dando bo resultado.
Ao mesmo tempo, a institución provincial continúa a extremar as precaucións e cumprindo os protocolos de prevención e contención da Covid-19 que ten implantados dende o inicio da pandemia, seguindo sempre as indicacións que marcan as autoridades sanitarias competentes, especialmente na colaboración cos cribados periódicos.
Dada a evolución que a pandemia está tendo na nosa provincia, incidir en que o risco de contaxio cero non existe, polo que toda a sociedade debe colaborar para a contención do virus. Trasladar a solidariedade da Deputación de Lugo coas persoas que están padecendo a enfermidade e, especialmente, aos centros de maiores que están vivindo momentos difíciles, sendo coñecedores do importante esforzo humano que realizan.
A Deputación de Lugo informou ás familias dos usuarios e usuarias de todos e cada un dos pasos que se deron dende a comunicación do caso no CAM de Trabada que finalmente resultou ser un falso positivo.
A institución provincial continúa coa política de máxima transparencia que vén practicando dende o inicio da pandemia e coas medidas de anticipación e de reforzo dos protocolos aprobados polas autoridades sanitarias para protexer a saúde dos traballadores e traballadoras da institución, así como dos usuarios e usuarias dos servizos públicos que ofrece, e de todas as persoas que acceden ás dependencias provinciais, garantindo, ao mesmo tempo, a continuidade e a normalidade na prestación dos servizos.






















O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



