Foz, 10 de decembro de 2020. O Concello focense promove o comercio local en colaboración coa ACIA-Centro Comercial Aberto nunha campaña de agasallos este venres e sábado, dentro do programa IMPULSA FOZ.
O concelleiro de Turismo e Asuntos Económicos, Chema Linares, traslada a súa preocupación polo pequeno comercio local: “somos coñecedores das dificultades que están a pasar os comercios nesta crise. Cremos que esta campaña, na que colabora a ACIA local, é un aliciente para que máis xente se achegue a Foz a realizar as súas compras: con precaución sempre, pero máis que nunca temos que pensar en axudar a todas as nosas veciñas e veciños autónomos que teñen unha pequena tenda e esquecernos por un momento das grandes plataformas dixitais multinacionais”.
Chema Linares explica que “todos aqueles que fagan compras superiores aos dez euros o venres 11 e sábado 12 de decembro nos comercios adheridos á campaña, poderán achegarse co seu ticket de compra á caseta situada diante do Concello. Por cada ticket será entregado un vale sorpresa cun agasallo seguro. Hai 4 agasallos diferentes, polo que esperamos que todos vos animedes a participar. A caseta estará aberta o venres de 17.00 a 20.00 horas e o sábado de 11.00 a 14.00 horas, nun horario suficiente para evitar calquera tipo de aglomeración”.
O alcalde, Fran Cajoto, espera que “esta campaña sexa un aliciente para vir a Foz, pasear, e tamén desfrutar da nosa hostalería, que dispón de claros exemplos de cómo se poden facer ben as cousas na prevención da COVID e que aínda así está a sufrir as consecuencias económicas da pandemia”.
Fran Cajoto engade que “ao ladiño mesmo da caseta de promoción, tamén diante do Concello, haberá unha segunda instalación con fotos de Foz. Temos lugares ben fermosos e estas imaxes son unha pequena representación deles. Dende o venres 11 e ata o martes 15 de decembro todo aquel que se saque unha foto diante destas imaxes de Foz e a suba ás súas redes sociais –facebook, instagram ou twitter- co hastag #impulsafoz entrará no sorteo de 2 premios, consistentes en vales de compra no noso comercio local (200 euros para o primeiro premio e 100 euros para o segundo). Esperamos que moita xente se anime, debemos coidar Foz e promocionalo entre todas e todos. Podemos estar ben orgullosos do sitio no que vivimos. Isto non deixa de ser un aliciente máis para achegarse á nosa vila. Co alumeado de Nadal acendido e con recunchos con decorados tan espectaculares como o barco Joaquincito, en Tupide, ou a gran árbore de Nadal na Glorieta de Vilalba, pasear polas nosas rúas este mes de decembro é a mellor opción”.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



