Lugo, 30 de decembro de 2020. A presidenta provincial do PP e deputada autonómica, Elena Candia; o deputado no Congreso e vicesecretario de Participación, Jaime De Olano; o senador por Lugo José Manuel Barreiro e o voceiro do Grupo Provincial na Deputación, Javier Castiñeira, destacaron este mércores que o 2020 “foi un ano negro e moi decepcionante para a provincia de Lugo” dende o punto de vista da xestión do Goberno de España. Neste senso, De Olano lamentou que “un país con 75.000 muertos y en el que las consecuencias económicas van a ser las más duras de los países desarrollados, no entendemos como Pedro Sánchez puede sacar pecho. Parece un insulto a la inteligencia del conjunto de los españoles”, sinalou.
En clave provincial, remarcou que, neste exercicio, a provincia de Lugo “ha sido ninguneada”. Dixo: “Basta con ver los Presupuestos en donde se cortan o meten en un cajón las principales infraestructuras. Lo mismo ocurre –sinalou- con la industria, con Alcoa, aprobando un estatuto que no va a dar solución en ningún caso al problema de la planta de San Ciprián; o el sector da pesca, donde el acuerdo del brexit ha sido usado como moneda de cambio y ni siquiera el partido socialista ha dicho lo más mínimo”.
O vicesecretario de Participación do PP indicou así que a actividade parlamentaria na Cámara Baixa veu da man dos deputados do Partido Popular, Joaquín García Díez e Jaime De Olano. En total, os dous representantes lucenses presentaron máis de 2.000 iniciativas. Fronte a este dato tan clarificador, os seus homólogos do PSOE apenas chegan ás 40. Destas, a maior parte nin sequera se refiren a actuacións da provincia. Isto supón, explicou o popular, “el desprecio absoluto” dos socialistas a Lugo; o mesmo, apuntou, que está a realizar o Executivo estatal, que, entre outros servizos, “ha cerrado el Portal de Transparencia, que gobierna a golpe de Real Decreto y que está secuestrado por sus socios y por la radicalidad de Podemos, por ERC o Bildu, tal y como se puede comprobar en los Presupuestos”.
Pola súa banda, José Manuel Barreiro, afirmou que o Goberno “foi incapaz de dar unha resposta áxil á crise sanitaria, institucional e económica, que estamos a vivir”. Manifestou: “Lugo foi unha provincia castigada, a pesares da situación tan crítica. O apoio económico que debería dar a esta provincia debería plasmarse no a través dos Orzamentos pero non foi así”. Proba delo é que “o que pediamos era que se mantivese e contemplase o mesmo que aprobara o Executivo de Rajoy e dixeron que non a iso. As emendas que presentamos no Congreso e no Senado ían destinadas a esto: á continuar coa comunicación con Santiago, co ferrocarril, coa autovía da Mariña…. e votaron non no Congreso e non no Senado. O único senador que ten o PSOE, o Sr. Mogo, dixo non a todo isto que estaba escrito e recollido con prazos e cantidades concretas”. Esta postura por parte do Goberno e dos representantes socialistas na Cámara Alta é que leva a concluír a Barreiro que “nos maltratan por razóns políticas”.
Deputación
Polo seu lado, o portavoz do grupo provincial popular, Javier Castiñeira, di que “o balance deste ano é moi negativo para a provincia tamén na Deputación de Lugo”. Explicou: “Vemos como o presidente Tomé se comporta como unha mestura explosiva entre o sectarismo e mala xestión de Sánchez e o seguidismo e o pasotismo de Gonzalo Caballero; esa mestura explosiva reflíctese na Deputación de Lugo. Así, non se ten en conta á maior parte dos lucense, porque non se ten en conta ao partido que máis representa aos lucense, o PP, que goberna na metade dos concellos, maiormente nos concellos pequenos; se algún sentido ten a Deputación é precisamente traballar para os concellos máis pequenos”. Engadiu: “Este que acaba foi un ano moi malo. Nin nos orzamentos nin no Plan Único, aprobado no día de onte, se ten tomado en consideración as iniciativas do PP nin se conta con el; ao contrario, o PP tivo que enterarse polos medios de comunicación de cal é a idea do goberno tanto para o ano 2021 como para a saída da pandemia”.
Castiñeira manifestou tamén: “O señor Tomé parécese a Pedro Sánchez en que xestión da pandemia foi moi mala; chegouse tarde practicamente a todo. A provincia de Lugo quedouse moi atrás e a Deputación non puxo nin un euro no tecido produtivo, económico desta provincia; unicamente e exclusivamente se cíngueo ao Plan Único que son fondos que pon a disposición dos concellos para que despois estes, se queren, utilicen esas axudas”. Declarou: “Hai unha submisión desde o goberno da Deputación a todas as accións do Goberno de Sánchez e Iglesias que van contra a provincia, como os ataques á industria lucense”.
Castiñeira dixo tamén: “Rematamos un ano no que o PP recorreu a provincia, fixemos cantidade de revisións ao pé do canón de estradas, de infraestruturas abandonas pola Deputación e estivemos coa xente escoitando as súas necesidades, algo que non está a facer o goberno”. Un tempo no que o goberno de José Tomé seguiu “cos malos costumes que xa tiña Gómez Besteiro, como ocorre con eses postos que saca a Deputación nos que os dous primeiros posicionados son dous ex cargos socialistas”. Criticou que os ex traballadores de Suplusa encargados das zonas verdes non puideran acceder a un posto na Deputación e foran subrogados en Tragsa “por capricho do goberno da deputación”. Asegurou que “o PP fará unha oposición construtiva, como veu facendo; sempre se ofreceu para traballar pola provincia e así o seguiremos facendo”. Dixo que “é fundamental que a Deputación faga un reparto xusto dos fondos europeos, que non faga como cos convenios que está a establecer, que están sendo a dedo, no que a metade da provincia non está sendo tida en conta; ao contrario, cartilla de racionamento para os concellos gobernados polo PP. Este será un dos grandes retos, segundo do ve o PP, e no que quere participar”.
Parlamento
Polo seu lado, a deputada autonómica e presidenta provincial do PP, Elena Candia, puxo en valor que “somos somos un grupo unido, que traballa coordinado onde Lugo é o primeiro”. Neste senso, agradeceu publicamente o traballo do 26 representantes da provincia no Parlamento de Galicia, no Congreso, no Senado e na Deputación, anticipando que “t
odos os deputados nacionais, autonómicos, provinciais e os senadores manteremos o enorme compromiso nun ano tan excepcional, tan extraordinario, de traballo intenso e antepoñendo os intereses da nosa provincia ante nada”. Indicou que “do grupo autonómico se algo ten que destacarse é a absoluta normalidade e un traballo moi intenso por parte dos nove deputados, de Lugo, e de todos os deputados autonómicos do PP, que contrasta coa anormalidade democrática que estamos vendo a nivel nacional ou a nivel provincial”. Explicou que o grupo popular “presentou importantes iniciativas sempre co obxectivo de dar resposta ao que preocupa a nosa provincia”. Destacou o inicio da campaña de vacinación contra a covid 19, e indicou “que se conta que a mediados de mes estea rematada a primeira fase”.
Tamén destacou Candia a “normalidade nuns orzamentos que volven a aprobarse practicamente en prazo, a pesar dunha cita electoral e da pandemia; orzamentos que volven a colocar a provincia á cabeza do investimento, e, o máis importante, que recollen os compromisos que foron asumidos por todos nós, con esta cidade e con esta provincia”. Nesta liña, destacou que. “onte mesmo o Consello da Xunta aprobou a expropiación de terreos para a vía Palas-Friol-Begonte, un cinto demandado, necesario e reivindicado polas persoas que representan a Lugo no Parlamento de Galicia”. Concluíu: “En definitiva, normalidade e compromisos cumpridos e un desexo de que o 2021 sexa mellor que no 2020, pero na parte que nos toca aínda cun compromiso de maior entrega, moita cercanía, moi preto das necesidades da nosa provincia”.

















A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada, entre 12 e 19 horas, realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.



