Foz, 5 de febreiro, 2021. A asistencia sanitaria é un dos Servizos básicos que mais valoran os cidadáns en todolos estándares de calidade de vida. Nos últimos anos, o Concello de Foz sufre unha merma histórica nos Servizos sanitarios. Á perda da ambulancia nocturna, sumouse a perda das urxencias de tarde, a perda a perda do TES da ambulancia medicalizada, a perda dunha praza de auxiliar de enfermería, a sistemática non cobertura das baixas, (ou coberturas parciais por medias xornadas durante meses), a non cobertura da reducción de xornada do Servizo de Pediatría, a carencia sistemática de PSX para a atención nas citacións e un longo etcétera. O BNG, non renunciou nin renuncia a estes Servizos, mais non se conforma con só recuperalos, por que a presenza (ou non) de certos servizos sanitarios deciden a moitos cidadáns na súa decisión para asentarse no concello.
En 2017 o BNG de Foz presentou unha proposta para a creación dunha praza de enfermeira/o especialista en obstetricia- xinecoloxa (Matrón/a), o PP na Xunta non fixo ningún caso. En resposta fixo desaparecer a Area Sanitaria. Ista categoría profesional ten por riba das funcións que realizan na atención ao parto, outras que, realizan na atención primaria e que son de enorme importancia para a saúde reproductiva e non reproductiva das mulleres: pódense encargar de realizar citoloxías, informar sobre métodos anticonceptivos, ser asesoras no climaterio e coordinar esforzos para a detección do cancro de cérvix. A ausencia de matrona nun Concello como o de Foz, cunha natalidade das mais altas da provincia (segundo os dados do Instituto Galego de Estatística), é indefendible e unha clara discriminación con respecto a outros concellos, e como se contemplaba no Centro de Saúde de Foz que tiña e ten espazo físico para esta figura, mais nunca foi dotada. O pasado mes de xaneiro de 2021 nunha enmenda aos orzamentos da Xunta, o BNG solicitou a creación desta figura e o PP rechazouna. Por tanto 4 anos despois da previa e diante a necesaria remuda na Consellería de Sanidade non fixo que mudaran o desinteres do PP por Foz, por iso reiteramos a necesidade po lo que, O BNG solicita en moción que o Concello realice as xestións diante do Sergas para: crear unha praza de enfermeira/o especialista en obstetricia- xinecoloxía no CS de Foz e recuperar os servizos sanitarios detraidos do noso concello nomeadamente a Area sanitaria, a ambulancia nocturna, o servizo de urxencias de tarde, a praza de auxiliar de enfermería amortizada en 2017, a segunda praza de TES na ambulancia medicalizada, e a adecuada cobertura das ausencias dos profesionais cando se produzan.










López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



