Abadín, 17 de febreiro, 2021. As traballadoras do Centro de Día de Abadín iniciaremos unha folga indefinida que comezará este xoves día 18 durante toda a xornada, e se ampliará durante os xoves seguintes con paróns de 8,00 a 11,00 da maña.
A orixe da nosa protesta é que a Xunta de Galicia do Sr. Feijoo pretende desmantelar o noso equipo profesional. E o fai no peor momento dunha pandemia na que todas estamos en primeira liña. Así nolo pagan.
Accedimos ao noso posto de traballo polos sistemas selectivos legais que as Administracións estableceron. Fixéronsenos contratos temporais para desempeñar postos de traballo nos que levamos mais de 13 anos. A Xunta comete abuso reiterado con nós nos nosos contratos laborais, e agora, en vez de facer o posible para que os nosos contratos sexan fixos, pretenden botarnos a rúa.
Pero a Xunta do señor Feijoo nin escoita nin negocia.
As Directivas Europeas prohiben o uso abusivo da contratación temporal a que nos vimos sometidas todos estes anos. Contratación temporal á que o Sr. Feijoo non lle quere dar unha solución xusta e ponderada a un problema que eles mesmos xeraron. Na defensa dos nosos postos de traballo, obríganos a colapsar os xulgados (numerosas sentenzas xudiciais nacionais recoñecen o abuso ao que levamos condenadas dende fai máis dunha década) e a facer mobilizacións para poder seguir traballando.
Somos un equipo de profesionais cohesionado que coñece a perfección as metodoloxías de traballo, os recursos e características poboacionais deste concello e coñece as persoas maiores e familias que atendemos. E agora, a Xunta de Galicia pretende, despreciando a calidade dos servizos nos Concellos, tirar ao lixo tantos anos de traballo e experiencia.
Ante esta situación, na que non nos dan outra saída mais que ir a folga para manter os nosos postos de traballo e os servizos públicos de calidade nos concellos, pedimos as familias a súa solidariedade e recomendamos que dadas as circunstancias non acudan os días de folga ao noso centro de día.



















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



