Mondoñedo, a 10 de febreiro de 2021. O Concello de Mondoñedo apoia á Federación Galega de Espeleoloxía na elaboración do Atlas de Cavidades de Galicia que recollerá información, entre outras, da Cova do Rei Cintolo, de cara á “poñer en valor a cavidade natural máis grande de Galicia e con maior percorrido horizontal” que “constitúe un dos reclamos naturais máis destacados do municipio”.
O consistorio mindoniense define como “ambicioso e pioneiro en España e incluso en Europa” este traballo de catalogación do mundo subterráneo e defende “a importancia deste tipo de material que divulgue coñecementos sobre as covas, así coma sobre a súa protección e conservación” debido a que son espazos naturais visitados tanto por espeleólogos e investigadores coma por turistas.
O Atlas de Cavidades de Galicia recollerá información, sobre localización, modelos dixitais, cartografía, fichas, planos, protección, accesibilidade e restricións para aqueles espazos en Rede Natura ou roteiros; e tamén sobre a redución ao mínimo do impacto das visitas a estas cavidades subterráneas. É dicir, completará e actualizará o Inventario de Cavidades de Galicia elaborado pola Federación Galega de Espeleoloxía na década dos 90 incorporando tamén datos de barrancos e canóns; xa que o seu descenso constitúe unha das actividades máis importantes dentro do ámbito deportivo da federación.
O proxecto dividido en tres fases dará comezo neste 2021 co financiamento da Secretaría Xeral para o Deporte que achega 12.250 euros para a súa primeira fase dentro dos 26.233 euros que dirixe á Federación Galega de Espeleoloxía con motivo da sinatura do convenio de colaboración para a realización do programa de promoción e desenvolvemento da súa modalidade deportiva no ano 2021. Trala organización do traballo a desenvolver, a segunda fase centrarase na localización e organización de cavidades e canóns e, a terceira, máis longa e tediosa, resérvase para a realización de topografías xeorreferenciadas. O orzamento total do proxecto ascende a 199.000 euros.
Plataforma informática con información xeorreferenciada
A Federación Galega de Espeleoloxía empregará plataformas informáticas que unifican a información xeorreferenciada en capas dun punto concreto e facilitan a visualización e accesibilidade aos datos que tradicionalmente se reflexaban nun mapa. Concretamente, este proxecto desenvolverase en software de código aberto presente en todo o mundo, gratuíto e dispoñible para todos os soportes informáticos: Q-GIS. Este sistema relaciona elementos xeográficos de calquera tipo -dende as propias covas e canóns ata as estradas, obras con afectación aos espazos subterráneos- aos que se poden engadir trackings de roteiros recomendados e, así mesmo, permite realizar consultas e presentar resultados en entornos web e móbiles.
O atlas será, polo tanto, útil, accesible e portable, ademais de uniforme e vivo. Con este proxecto xerarase información de aplicación en diferentes eidos e non só puramente ao espeleolóxico; xa que contribuirá a recuperar a toponimia local e tradicional galega, achegar documentación que permita divulgar o patrimonio natural, ecolóxico, cultural e deportivo de Galicia e poñer un gran de area de cara á dinamización económica do rural galego contribuíndo á fixación de poboación.
O Concello e a Federación colaboran na posta en valor da Cova do Rei Cintolo
O Concello de Mondoñedo e a Federación Galega de Espeleoloxía manteñen un convenio desde o ano 2016 polo que a entidade se encarga das visitas guiadas á Cova do Rei Cintolo; pero, ademais, dentro dunha liña de traballo conxunta e continuada co obxectivo de promover a cavidade, dende a Federación teñen trasladado á entidade local unha nova opción dentro das visitas guiadas como é o proxecto de Espeleoparque da Mariña Lucense.
Por outra banda, tamén en colaboración coa Federación Galega de Espeleoloxía, en maio do 2019 facíase realidade un dos obxectivos do goberno local coa apertura no pazo de Santo Tomé -un local cedido polo Concello- do Centro Español de Documentación Espeleolóxica co obxectivo de “dar un paso máis para converter Mondoñedo nun referente imprescindible e de primeiro nivel como destino espeleolóxico”.








Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.

