Lugo, 25 de febreiro de 2021. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presidiu este xoves a primeira reunión do ano do Consello Provincial de Turismo, encontro no que expuxo o Plan de Impulso da Economía da Provincia que vén de lanzar a institución cun investimento de 7M€, o 8% do orzamento provincial, e co que, subliñou, “seguiremos contribuíndo a manter e recuperar os sectores económicos máis prexudicados pola crise da Covid-19, sobre todo o turismo, a hostalería e o comercio, pero tamén avanzaremos cara a consolidación do modelo de turismo da nosa provincia, de calidade e sostible, coa posta en marcha de programas que crean valor engadido e xeran un efecto multiplicador na economía”.
José Tomé salientou o esforzo económico que fai a Deputación para sacar adiante o Plan de Impulso da Economía, sobre todo tendo en conta que, a día de hoxe, e despois dun ano de pandemia, “as administracións locais non recibimos nin un só euro extra para combater o impacto da crise, cando as necesidades son maiores”. Mentres, lembrou o Presidente, “os gobernos autonómicos, no noso caso a Xunta de Galicia, si que ingresou xa cuantiosos fondos do Estado en 2020, concretamente 224M€; recibirá 442M€ da Unión Europea; e onte mesmo, o Goberno do Estado anunciou un novo fondo de axudas de 11.000 millóns de euros para a hostalería, o turismo e o pequeno comercio. É unha boa noticia, un exemplo máis do traballo continuado para facer fronte á pandemia. Pero hai que xestionar estes fondos con acerto e con transparencia”.
Dar conta do novo plan da Deputación no Consello de Turismo “supón precisamente manter a fórmula de diálogo e de colaboración que dende un principio marcou a razón de ser deste órgano, pero tamén supón unha mostra clara de transparencia na xestión dos fondos públicos”, subliñou José Tomé, quen reiterou ante os membros do Consello a vontade da Deputación “de seguir traballando con rigor, compromiso e transparencia pola recuperación e impulso do turismo como sector económico estratéxico da provincia, dentro das nosas competencias e cos recursos dos que dispoñemos”.
Pola súa banda, a Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, e Vicepresidenta do Consello Provincial de Turismo, Pilar García Porto, concretou ante os asistentes as dez medidas incluídas no Plan de Impulso da Economía da Provincia da Deputación.
Entre estas accións, García Porto resaltou os programas Coñece a túa provincia e Saborea a túa provincia, “que contribuirán á recuperación sostible do sector turístico e, ao mesmo tempo, a promover e incentivar o consumo dos produtos de calidade”, asegurou a Deputada, ademais de falar dos bonos para consumir na hostalería e o comercio; o fomento das viaxes en catamarán pola Ribeira Sacra; a ampliación do programa Lugo Termal; o apoio a colectivos que traballan pola promoción do territorio e ao tecido asociativo; e dos programas para a dixitalización de PEMES e autónomos, e para a mellora da empregabilidade de parados de longa duración e de mozos.
Reservas da Biosfera
Como novidade, as Reservas da Biosfera Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá e Terras do Miño estiveron representadas por primeira vez no Consello Provincial de Turismo. A adhesión destes dous órganos foi aceptada na primeira sesión ordinaria do 2020, celebrada o 4 de marzo no Salón de Plenos do Pazo de San Marcos.
O Consello Provincial de Turismo é un órgano participativo e consultivo creado pola Deputación para promover accións en impulso do destino turístico da provincia. Este organismo está formado por 24 persoas relacionadas co turismo lucense representando a entidades, institucións e asociacións, co obxectivo de gobernanza turística.























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



