Lugo, 23 de marzo de 2021. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto á voceira socialista do Goberno e Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, recibiron este martes no Pazo de San Marcos ao presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Juan Manuel Vieites, que asistiu acompañado do secretario xeral da Confederación de Empresarios Lucenses (CEL), Jaime López; o conselleiro delegado da CEL, Eduardo Valín, e o membro do Consello de Administración desta organización Ramón Alonso.
O mandatario provincial felicitou a Vieites polo seu recente nomeamento e manifestou o seu desexo de que a CEG sexa un axente fundamental “no diálogo social e á hora de deseñar liñas de progreso para Galicia”. Durante o encontro, no que abordaron a situación derivada da pandemia e os problemas socioeconómicos de Galicia, compartiron a súa disposición a traballar en sintonía polo desenvolvemento da provincia, sumando esforzos e promovendo a colaboración para o impulso do tecido empresarial, da economía e do emprego.
O Presidente sinalou que estas “son liñas de traballo fundamentais para a Deputación”, como demostrou coa posta en marcha do Plan de Impulso da Economía da Provincia, “especialmente neste momento no que é preciso que cooperemos dende as nosas responsabilidades para conseguir reactivar canto antes a economía”. José Tomé sinalou que a Deputación mantén importantes liñas de colaboración abertas coa CEL e con distintas organizacións sectoriais, “e que esa disposición de traballo conxunto é a que ofrecemos desde xa aos novos responsables da CEG”. O Presidente fixo entrega aos representantes da CEG e da CEL dunha cesta de produtos gastronómicos da provincia de Lugo e de exemplares do libro Diccionario da Comida Galega.



















Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.



