
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, recibirá a primeira dose da vacina contra a covid-19.
Santiago de Compostela, 23 de abril de 2021. A conselleira do Mar, Rosa Quintana, asegurou hoxe que Galicia está disposta a ceder vacinas ao Goberno central co obxectivo de que axilice a vacinación dos mariñeiros da frota galega. A titular de Mar explicou que, unha vez que o Goberno estatal determinou que o proceso de inmunización das tripulacións vai ser realizado polo Instituto Social da Mariña (ISM) -a autoridade competente en materia de sanidade marítima en España-, o Ministerio de Sanidade debe dar de xeito inmediato a orde para que comece esa vacinación.
A representante da Xunta fixo estas declaracións tras recibir na súa quenda a vacina de AstraZeneca contra a covid-19, a que lle corresponde polo seu grupo de idade, e apelou a que o organismo dependente do Ministerio de Seguridade Social, Inclusión e Migracións inicie canto antes este proceso de inmunización da frota. O ISM conta coa loxística necesaria para facelo, pois dispón tanto do censo de todos os profesionais do mar como de distintos puntos de vacinación ao longo da costa así como en terceiros países.
A titular de Mar tamén lamentou as declaracións da ministra de Sanidade, Carolina Darias, nas que afirmaba que os mariñeiros se vacinarán “cando lles toque e coa vacina que lles toque” e instouna a reconsiderar esas palabras pois supoñen “un menosprezo” para os profesionais do mar e demostran “falla de sensibilidade co sector”.
Neste sentido, Rosa Quintana reiterou ao Executivo central a necesidade de que a frota conte cun protocolo específico de vacinación dado que os tripulantes teñen dificultades engadidas ás doutros colectivos como a imposibilidade de manter as distancias de seguridade a bordo ou a realización de mareas de varias semanas sen poder recibir atención sanitaria inmediata. Unhas estancias longas en alta mar que tamén limitan a súa dispoñibilidade para acudir á subministración da vacina.
“Pedimos ao Ministerio de Sanidade que teña en consideración un grupo tan importante para a nosa sociedade como son os profesionais do mar. Foron declarados sector esencial durante a pandemia e, malia non ter máscaras de protección nin poder manter as distancias de seguridade, saíron todos os días a faenar para que non nos faltase alimento nas nosas mesas. O mínimo que pode facer o Ministerio é ter sensibilidade e ordenar xa a súa vacinación”, aseverou a conselleira do Mar.
En relación co feito de que outras comunidades vacinasen pola súa conta aos seus mariñeiros, a titular de Mar lembrou que os protocolos de vacinación se acordan no Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde -no que participan o Goberno central e as comunidades autónomas- e que se nel se estableceu que a vacinación dos mariñeiros a debe facer o ISM, así debe ser. “Debemos respectar os protocolos acordados no Consello Interterritorial, que é quen decide os grupos de vacinación e non vou falar das comunidades que deciden saltalos”, indicou, en referencia á lealdade institucional e á unidade de acción que deben reinar para loitar contra a pandemia así como ao feito de que o ISM é o organismo que ostenta as competencias na materia.
Recoñecemento ao persoal sanitario
A titular de Mar aproveitou a ocasión para recoñecer e poñer en valor o importante labor do persoal sanitario como Natalia, a enfermeira que a vacinou, “polo ben que están facendo as cousas” e manifestou a súa satisfacción por ter xa a dose da vacina AstraZeneca que lle corresponde de acordo co seu grupo de idade.
Ademais, animou a toda a sociedade a que, a medida que a vaian convocando, acuda a vacinarse pois desta pandemia, subliñou, “só podemos saír se todos acatamos as normas dos sanitarios, mantemos as distancias, lavamos as mans e acudimos a vacinarnos”. A conselleira tamén destacou a importancia de acudir aos cribados para poder detectar coa maior rapidez posibles gromos e frear así a expansión da pandemia.























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



