Lugo, 24 de maio de 2021. O portavoz provincial do Partido Popular, Javier Castiñeira, anunciou esta mañá que “o grupo provincial popular solicitará no pleno que celebrará mañá a Deputación o apoio do goberno provincial para pedir ao Goberno central que cambie a súa política fiscal recadatoria, que prexudica á maioría dos lucenses”.
Castiñeira sinala: “Nun momento tan crítico da economía, coas pemes e os autónomos pedindo axuda; con tantos veciños no paro e sen oportunidades, e mentres o resto dos países están facendo o contrario, que é baixar impostos, o Goberno presidido por Pedro Sánchez pretende subilos ou eliminar desgravacións que existían ata o momento”. O portavoz popular sinala: “Neste ano 2021, suben impostos como o de matriculación, ao diésel, ás bebidas azucradas; suben as pólizas dos seguros, empeza a funcionar a taxa Google, que grava produtos informáticos, pretenden eliminar as desgravacións dos plans de pensións ou á renda conxunta, ou mesmo poñer peaxes en todas as autovías para o ano 2024”.
Castiñeira considera que o Goberno de Pedro Sánchez prepara “un auténtico atraco fiscal”. Engade: “Este sabrazo á clase media e traballadora, grava produtos de consumo ordinario, que acabarán subindo o custe da vida para moitísimos lucenses, o que consideramos totalmente inaceptable”.
Fronte aos plans dos socialistas, en Lugo, segundo Castiñeira, “preferimos a política fiscal galega, do goberno de Feijóo, que opta por baixar os impostos, máis concretamente no rural; non é a política fiscal de PSOE e Podemos e dos socios do BNG, que cada vez que gobernan o fan a cargo dos petos dos contribuíntes e neste caso tamén de todos os lucenses”.























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



