Lugo, 27 de maio de 2021. O Presidente da Deputación de Lugo e do Consorcio Provincial de Bombeiros, José Tomé Roca, estivo este xoves en Vilalba, onde mantivo un encontro con efectivos do Parque Comarcal de Bombeiros, aos que felicitou pola súa actuación no incendio da nave de Jamones Otero, e tamén con responsables da empresa chairega. José Tomé estivo acompañado pola Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, a Alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, e a xerente do Consorcio de Bombeiros, Marta Rouco.
O retén chairego tardou 4 minutos en chegar ás instalación da empresa chairega logo da alerta do 112 –o sábado 22, ás 20.29 horas- e traballou toda a noite de xeito ininterrompido ata o cambio de quenda ás 09.00 horas do domingo. Na intervención participaron 6 efectivos do parque en dúas quendas e nun primeiro momento o equipo trasladou un vehículo de altura e unha bomba urbana lixeira, pero ao trasladarse o foco á planta superior incorporáronse novos medios: a carroceta do Concello de Vilalba, un camión nodriza e 2 efectivos do Parque de Lugo, 2 bombeiros das Pontes cun nodriza e un vehículo de altura, 3 brigadas de Medio Rural con carroceta, camión cisterna da AXEGA e persoal do Grupo de Apoio Loxístico (GALI), Garda Civil, Policía Local, Protección Civil e Cruz Vermella. O domingo pola mañá pediuse o reforzo cun autoescala de Sarria e o brazo de Monforte. Na intervención utilizáronse máis de 100.000 litros de auga.
Os responsables provinciais tamén visitaron a nave industrial de Jamones Otero, para comprobar os danos causados polo lume. O incendio, que comezou nun afumadeiro de xamóns, afectou tamén á planta superior e ao tellado. En total quedou afectada un tercio da nave, duns 2.000 metros cadrados.
O Consorcio Provincial de Lugo para Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento está formado pola Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia e inclúe os parques de Vilalba, Monforte de Lemos, Barreiros, Chantada, Sarria e Viveiro.























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.