Lugo, 01 de xuño de 2021. O PSOE confunde con moita frecuencia as cuestións de partido cos asuntos institucionais, como queda demostrado dende o Goberno presidido por Pedro Sánchez a algúns dos máis pequenos concellos nos que os socialistas teñen o bastón de mando. En Galicia, os problemas polos que atravesa o PSOE agravan esta confusión intencionada, coa que tratan de suturar baixo o paraugas institucional os problemas de partido. Hoxe deuse en Lugo outro deses intentos. O portavoz provincial do PP, Javier Castiñeira, sinala: “Temos que lamentar novamente que o Partido Socialista use a Deputación como a súa sede de partido, algo que acostuma a facer, que xa denunciamos no seu momento e que se volve repetir. Hoxe novamente o señor Caballero visita ao señor Tomé na Deputación de Lugo para intentar arranxar problemas de partido”.
Castiñeira sinala: “Entendemos que é unha reunión para intentar arranxar os múltiples problemas do Partido Socialista, pero para iso debería ter unha sede e usala e non a sede da institución de todos os lucenses. Como saberá o señor Caballero, os lucenses xa lle dixemos que non, e por iso é a terceira forza política nesta provincia. Se o señor Caballero quere visitar Lugo o mellor é que visite a sede do Partido Socialista; se quere resolver os problemas do Partido Socialista, os múltiples problemas que ten na provincia de Lugo por falta de liderado e de moi mala imaxe, con moi malos datos nas enquisas, lle pedimos que o faga na sede do PSOE”.
No PP din que Caballero intenta enganar aos lucenses con falsas visitas institucionais, “porque ao que vén o señor Caballero é a intentar ordenar o seu partido na provincia; esta non son formas”.
Castiñeira declara: “A Deputación de Lugo é moi importante como institución e non imos permitir que se mesturen os problemas do Partido Socialista cos da Deputación; é certo que os problemas do PSOE afectan á Deputación e a un mal goberno, que é incapaz de solucionar os problemas de Lugo, como vemos en asuntos como as residencias ou a reactivación económica. Non queremos que se mesturen os problema do Partido Socialista cos propios de todos os lucenses”.





















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



