Xermade, 8 de xuño de 2021. O Grupo Municipal do PP de Xermade vén de rexistrar un rogo a través do que lle propoñen ao goberno local que o Concello desenvolva medidas para promover a rehabilitación de vivendas no municipio dirixidas a residencia habitual -tanto en propiedade como en réxime de alugueiro- como medida de apoio ao asentamento da poboación en Xermade. “Un informe do Banco de España sinalou a Xermade entre un dos 17 concellos da provincia en risco de despoboamento. Xermade ano tras ano perde poboación e non podemos sentirnos satisfeitos”, segundo sinala o portavoz, Antonio Riveira, que cre que “os Concellos poden actuar a través de determinadas medidas coma a dotación de servizos básicos para procurar reverter a perda de poboación”.
Os populares propoñen, con ese obxectivo, que o Concello actúe de diferentes formas: asesorando aos veciños; establecendo bonificacións para as obras de rehabilitación e ofrecendo incentivos ao alugueiro de vivenda en Xermade. Así mesmo, cren que o goberno local debe tramitar ante a Xunta Áreas de Rehabilitación Integral en zonas rurais e acelerar a aprobación do PXOM como mecanismos de apoio aos veciños interesados en rehabilitar as súas vivendas ou construír unhas novas na zona rural.
A proposta do PP de Xermade recolle que “o Concello facilite información aos interesados e asesore sobre o procedemento de tramitación de axudas autonómicas e, incluso, promova unha liña de axudas complementaria ás que convoca anualmente a Xunta en materia de rehabilitación, eficiencia enerxética, cubertas, fiestras, melloras en seguridade e accesibilidade, e incluso para adecentar as edificacións auxiliares ás vivendas e corrección de impactos paisaxísticos”.
O voceiro do PP local, Antonio Riveira, sinala tamén que “o Concello debe bonificar a taxa sobre as licenzas de obra para mellorar as vivendas habituais, establecendo o compromiso de mantela durante un período de tempo” e para iso “é necesario modificar a ordenanza municipal reguladora que inclúa este requisito”.
Mecanismos de apoio á rehabilitación e novas construcións no rural
O popular defende tamén que “o Concello debe promover e tramitar ante a Xunta Áreas de Rehabilitación Integral en zonas rurais, para determinados núcleos ou dunha forma máis xeneralizada, porque poden supoñer importantes axudas para os propietarios”, explica.
Riveira urxe, así mesmo, a “acelerar a aprobación definitiva do PXOM co obxectivo de facilitar as actuacións e novas construcións en núcleo rural e en solo rústico vinculadas ás explotacións agrogandeiras”.
Incentivos ao alugueiro
A propostas dos populares inclúe o establecemento de “incentivos por parte do Concello para o alugueiro de vivenda” e que “o Concello promova a adecuación en condicións de habitabilidade das vivendas en desuso para poñelas a disposición das familias que poidan estar interesadas en residir no noso concello”.

























Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.



