Abadín, 8 de xuño de 2021. O Voceiro Socialista de Abadín, Pablo Díaz avanzou hoxe que rexistrou a petición da celebración dun pleno extraordinario, polo incumprimento do Alcalde xa que non se celebrou a reunión ordinaria de maio, para coñecer as iniciativas do PP en relación á creación de emprego na nosa vila.
A Deputación de Lugo, a través do Plan Único, concede ao Concello de Abadín 354.681 euros de inversión económica que serán repartidas en diversas actuacións. “Atopámonos nun momento moi sensible, no que a nosa veciñanza reclama emprego e un futuro digno. Por iso queremos saber cales son as previsións do Goberno do PP de Abadín para a creación de emprego na nosa vila”, insistiu.
Ademais o Voceiro Socialista interpela ao Goberno de López Rancaño “sobre a multa interposta ao Concello de Abadín polo Director Xeral de Saúde Pública por un importe de 3.005 euros, no polideportivo municipal. Como é posible que as veciñas e veciños de Abadín teñamos que pagar unha multa por esta contía tan elevada. E que medidas tomou o Concello para remitir esta situación?”, espetou.
Na petición do Pleno Extraordinario, Pablo Díaz tamén pregunta ao Goberno do PP pola dúas mocións socialistas, aprobadas na ultima sesión plenaria, coas que se reclamaba a recollida do servizo de lixo en Galgao, así como a retransmisión dos plenos polas redes. “Seguimos esperando a que López Racaño cumpra coa veciñanza e non lles dea ás costas unha vez máis. O Concello de Abadín necesita traballo e implicación, e non anuncios e medias verdades”, advertiu o socialista.
O Voceiro dixo que “como xa nos ten acostumado o Alcalde e todo o seu Equipo de Goberno, non celebramos o pleno ordinario que debería celebrarse no mes de maio pola deixadez do Alcalde, tal e como indica o pleno de organización, esta é a democracia do PP. Polo tanto o Grupo Socialista de Abadín ten que optar pola vía da petición extraordinaria, co fin de dar resposta ás demandas da veciñanza e para poñer enriba da mesa os asuntos fundamentais para o benestar dos veciños ”, resumiu.





















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



