Lugo, 20 de xullo de 2021. A actual presidenta provincial, Elena Candia, anunciou que se presentará á reelección do Partido Popular da provincia de Lugo durante a reunión da Xunta Directiva na que se aprobou por aclamación celebrar o 18 Congreso Provincial o 19 de setembro. A reunión tivo lugar na Finca A Fortaleza onde tamén se deu visto e prace ao cronograma de desenvolvemento do proceso interno, seguindo así o que estipulan os estatutos da formación popular, e o regulamento do cónclave.
Elena Candia, que estivo acompañada do secretario Xeral do PPdeG, Miguel Tellado, destacou que se presentaba para “seguir traballando por este proxecto político”. “É un decisión consensuada con moitos dos militantes”, e que a adopta “por responsabilidade e compromiso cos lucenses”. Neste senso, agradeceu e puxo en valor o traballo de todos os cargos electos, así como os resultados acadados pola formación na provincia nos distintos comicios celebrados nos últimos anos. “Son datos obxectivos que animan a seguir traballando, aínda que queda traballo por facer”; polo que se pon “con total humildade a disposición de todo o Partido e da militancia, co obxectivo de gobernar, dixo, a Deputación e o Concello de Lugo”.
Participación de xente moza
“Non será un cónclave centrado nos nomes, senón para ilusionar e rearmarnos de ideas”. “Será o momento para falar de proxectos para a provincia”, afirmou Candia. Deste xeito, indicou que a Comisión Organizadora reflicte “a imaxe dun Partido que medra, con caras novas en idade e en gañas”. Os integrantes da mesma son sete mozos de distintas zonas da provincia. Patricia Teijeiro Álvarez, de Vilalba, será a presidenta. Acompañarana: Sabela Pérez López (Lugo), Lucía Díaz Martínez (Lugo), Belinda Romero Oroza (Burela), Itziar López Flores (Sarria), Mar Carballas (Lugo), e Cristian Martín Vázquez (Lugo).
A presidenta provincial tamén informou de que haberá só un relatorio-comunicado, que leva por título: Un proxecto de Partido. Un proxecto para Lugo, e que correrá a cargo da deputada autonómica Cristina Sanz.
Cronograma ao completo
Coa Xunta Directiva de hoxe, queda oficialmente convocado o Congreso e todos os afiliados terán ata o 4 de agosto para inscribirse e participar. Ese mesmo día tamén rematará o prazo para a presentación de candidaturas a presidir o PP da provincia de Lugo. A partir do 27 de agosto ata o 13 de setembro desenvolverase a campaña interna. A este proceso están convocados todos o membros natos da Xunta Directiva (141 en total, máis os integrantes da Comisión por non ser natos), así como os electos (618 en total: 600 do PP e 18 de Novas Xeracións).
O cronograma completo é o seguinte:
Convocatoria do XVIII Congreso
Martes 20 de xullo.- Convocatoria do XVIII Congreso Provincial do PP de Lugo pola Xunta Directiva Provincial de Lugo
Prazo de inscrición dos afiliados (só os afiliados inscritos poden votar nas Asembleas)
Mércores 21 de xullo.- Primeiro día para que os afiliados se inscriban para participar no Congreso e se poñan ao corrente de pago das cotas.
Mércores 4 de agosto.- Último día para que os afiliados se inscriban para participar no Congreso e se poñan ao corrente de pago das cotas.
Prazo para elección de compromisarios
Venres 27 de agosto.- Data límite para que se publique a convocatoria de celebración das asembleas.
Sábado 28 de agosto.- Comezo do prazo de presentación de solicitudes de afiliados para ser candidato a compromisario.
Mércores 8 de setembro.- Finalización do prazo de presentación de solicitudes de afiliados para ser candidato a compromisario.
Martes 14 de setembro.- Celebración de asembleas para a elección de compromisarios. Haberá dúas urnas: 1ª urna votarase a un candidato/a á Presidencia do PP de Lugo e na 2º urna votaranse aos candidatos a compromisarios.
Prazos para a presentación de candidaturas á Presidencia do PP de Lugo
Martes 27 de xullo.- Comeza o prazo para a presentación de candidaturas á Presidencia do PP de Lugo ante a C.O.C. (75 sinaturas de afiliados).
Mércores 4 de agosto.- Remata o prazo para a presentación de candidaturas á Presidencia do PP de Lugo ante a C.O.C. (75 sinaturas de afiliados).
Xoves 5 de agosto.- Proclamación das candidaturas presentadas.
Venres 27 de agosto ao luns 13 de setembro.- Campaña electoral interna.
Prazos relativos aos Comunicados
Venres 3 de setembro.- Finaliza o prazo para a presentación do texto dos Comunicados.
Celebración do Congreso
Domingo 19 de setembro.- Celebración do XVIII Congreso Provincial do PP de Lugo.




















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



