Burela, 1 de xullo, 2021. Para o BNG os orzamentos quedan a expensas do que se poda executar a cargo dos remanentes de tesourería.
Despois de analizar a proposta presentada polo goberno local, dende o BNG propoñen unha serie de actuacións para melloralos e que solucionen problemas reais da veciñanza. En verbas do voceiro en Burela, Mario Pillado, “os orzamentos son en certa medida similares ós do exercicio anterior salvo leves modificacións, tanto no gasto en servizos públicos coma no gasto social e de fomento de emprego. A gran carencia que atopamos está no plan de investimentos que queda moi reducido por iso cremos que é necesario incluír a cargo do superávit e dos remanentes de tesourería unha serie de obras e actuacións que propoñemos”.
Os nacionalistas acordan propostas que parten das necesidades da veciñanza
Mario Pillado sinalou que “revisando cada área e política de gasto cremos que onde mais coxea é en urbanismo e servizos básicos. Actaucións concretas coma no caso da pavimentación da rúa Dos Matos, da mellora dos accesos tanto en instalacións como a Biblioteca e o Salón de Conferencias como nas entradas á vila tanto polo Perdouro como pola zona de Pomeda; pero tamén cremos necesario un Plan de Urbanismo que regule tráfico, humanización e seguridade viaria, así como un convenio para o solar da antiga fábrica de Gres”.
Continuou Pillado, voceiro do bloque, dicindo que “en materia de sumidoiro, cunha partida minúscula, e en alumeado, que ve diminuído o seu gasto continuamente, cremos que se debe dar un paso adiante. Por iso propoñemos a reparación de alumeado público que xa solicitábamos para o plan único e tamén a conexión de vivendas que non teñen acceso a sumidoiro e que se lles cobra polo servizo. Por outra parte, tamén apostamos polas novas instalacións para asociación protectora de animais “Bigotes” que verían reforzada a súa gran labor cunha obra pola que levan moito tempo agardando”.
Para finalizar Pillado sinalou que “coa nosa abstención favorecemos a aprobación dos orzamentos e contamos que as propostas que incluímos no acordo se materialicen. Por iso faremos un seguimento do propio acordo e en función diso o noso voto pode mudar no futuro nun ou noutro sentido”
























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



