Ribadeo, a 27 de xullo de 2021. A vicevoceira do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Elena Sierra, esíxelle ao goberno local “una programación seria de limpieza”. Insiste a popular en que “deje de echarnos la culpa, de llamarnos sucios y ponga más interés en mantener un Ribadeo limpio”.
Sierra explica que “desde nuestro grupo llevamos mucho tiempo reivindicando la limpieza de contenedores, sobre todo, porque lo piden los vecinos de Ribadeo”; pero o goberno local “no nos hace ni caso”, lamenta.
A popular apunta que “en verano todos sabemos que la población se incrementa” e tamén que “los restaurantes tienen más afluencia de gente”. Todo isto supón que “la basura también aumente por lo que el atraso en la recogida de los contenedores hace que de ellos se desprenda un olor insoportable”.
Para a vicevoceira do Grupo Municipal Popular isto demostra que “existe en este gobierno una gran desprogramación de la recogida de basura” e, ademais, engade que “cuando esta se recoge, no se baldea” provocando “ese hedor que tanto vecinos como visitantes tenemos que soportar”.
Imaxe de sucidade
Sierra sinala que “Ribadeo está sucio” porque “los contenedores pasan días sin recogerse ni baldearse” e, polo tanto, lamenta “esta imagen que se proyecta a nuestros visitantes y vecinos”.























Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



