Ribadeo, a 4 de agosto de 2021. O Grupo Municipal Popular de Ribadeo esíxelle ao goberno local “xestionar orzamento para solucionar o problema” da praia do Cargadeiro para que os veciños poidan facer uso dela con seguridade. Así o manifestaron os populares tras manter varias reunións cos veciños que usan esta praia e que, “precisamente no mes de agosto en plena época estival, se atopa pechada porque o goberno local decidiu colocar unha valla para impedir o acceso en lugar de arranxar o problema para que a praia estea dispoñible”.
O voceiro popular, Daniel Vega, sinala que “os veciños están indignados, están fartos de que o goberno local lle pase a pelota a Costas e ao revés” porque isto supón que o areal e o seu acceso continúan sen arranxar. Ante esta situación, o Grupo Municipal Popular dirixiuse a Costas -organismo dependente do Goberno central- para pedir explicacións. “Concretamente preguntamos se fixera inversións nesa praia, se mantén reunións co goberno local e tamén solicitamos un informe de competencias para coñecer que administración é a responsable de asegurar os cantís e as escaleiras de acceso”.
“Coa contestación de Costas, que non é da mesma cor política que o noso grupo, puidemos comprobar que o goberno local lle estivo mentindo aos veciños” porque sinalan, “ademais de que non se fixeron inversións na praia do Cargadeiro dende o ano 1998, que Costas mantén reunións co goberno local e que a competencia en conservación e mantemento lle corresponde á administración local segundo o Real Decreto 876/2014, do 10 de outubro, polo que se aproba o Reglamento General de Costas, e como xa sabe perfectamente o goberno do BNG”, explica Vega.
O popular quere coñecer, polo tanto, “por que o goberno local lle minte aos veciños e por que non soluciona un problema que sabe que ten que facer el”. A ese respecto, explica que “o goberno local está a cobrar dedicacións exclusivas de todos os veciños e, polo tanto o que ten que facer é solucionar o problema. É indignante que cobren de todos os veciños e que non foran capaces de acudir alí e dar unha explicación sensata e coherente. É de xustiza que os ribadenses poidamos acudir a esa praia, que é de todos”, engadiu.
Voto en contra do BNG
O voceiro do Grupo Municipal Popular explicou tamén que “o grupo do goberno, o BNG, votou en contra de debater unha moción de urxencia no último pleno da corporación municipal coa que pediamos actuar nas paredes dos cantís onde se producen desprendementos e tamén no arranxo das escaleiras para garantir un acceso seguro”. Nesa ocasión, “o único que fixo o goberno local foi describir a realidade existente, pero iso xa o sabemos todos”.























Actuarán Carlos Ares, Celia Becks, Futuro Alcalde e Alcalá Norte, e o sábado será a quenda de La M.O.D.A., Ángel Stanich, Puño Dragón e Repion. López destacou o impacto económico do festival, cun retorno estimado dun millón de euros, mentres que Rouco subliñou a súa importancia turística e a achega municipal de 120.000 €.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



