Lugo, 7 de agosto de 2021. A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, destacou hoxe o compromiso que mantén o Executivo de Pedro Sánchez cos veciños da provincia de Lugo, que se traduce nun esforzo investidor e no desenvolvemento de políticas sociais que non teñen precedentes. Resumiu así o balance de rendición de contas da xestión do Goberno na provincia durante o último semestre.
“O Goberno de Pedro Sánchez cumpre con Lugo e cos lucenses, así o demostran os investimentos destinados á provincia e os numerosos proxectos que desbloqueamos e sacamos adiante”, resaltou a subdelegada, que pasou revista aos proxectos impulsados polo Executivo en Lugo.
Isabel Rodríguez afirmou que “no medio dunha grave crise sanitaria como a provocada polo coronavirus, este Goberno foi quen de dar protección ás persoas para que ninguén quedara atrás e fixo fronte á emerxencia sanitaria sen desatender o cumprimento do seu compromiso coa provincia”.
A subdelegada lembrou que a provincia de Lugo beneficiase este ano dun aumento do 98,9% nos investimentos reais do Estado na provincia. O maior esforzo investidor está a realízalo o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, a través de Adif, en cumprimento do compromiso de modernizar e mellora da ferrocarril na provincia, para o que investirá 546 millóns de euros entre 2021 e 2023. No que levamos de ano Adif xa adxudicou actuacións por importe de máis de 135 millóns de euros, entre os que destaca a obra para construir o túnel de Oural.
Dentro das políticas de apoio ao turismo e á posta en valor do Camiño de Santiago, o Goberno vén de incluir o proxecto da Mancomunidade da Mariña nos Plans de Sustentabilidade Turística en Destino, que mobilizará un investimento total de 3 millóns de euros, con 1 millón financiado polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo.
Pola súa parte, o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana ten en marcha distintas actuacións de apoio ao Camiño Francés nos concellos de Palas de Rei, Portomarín, Paradela e Triacastela.
PROXECTOS DESBLOQUEADOS
Isabel Rodríguez pasou revista tamén aos numerosos proxectos que conseguiu desbloquear o Goberno na provincia.
“Cumprindo con Lugo, o Goberno de Pedro Sánchez dotou dunha magnífica sede ao Instituto Nacional de Estatística e creou o demandado novo 4º Xulgado do Social, ambos na capital da provincia, e tamén sacou adiante outro proxecto que pasara moitos anos atascado como é a construcción dunha sede digna para a Seguridade Social en Viveiro”, explicou a subdelegada.
ESCUDO SOCIAL
A subdelegada destacou tamén as importantes medidas sociais que está a desenvolver o Goberno en apoio das persoas máis afectadas pola crise económica que provocou a pandemia do coronavirus, con iniciativas como os ERTEs, ou o Ingreso Mínimo Vital e recordou que o Executivo vén de prorrogar ata o 31 de outubro as medidas do escudo social que remataban este mes.
Isabel Rodríguez informou de que o escudo social do Goberno protexeu a 18.150 lucenses acollidos a ERTEs, aos que o SEPE abonou 53,4 millóns de euros desde o comezo da pandemia.
A creación do Ingreso Mínimo Vital beneficiou a 1.928 lucenses, aos que a Seguridade Social abonou un total de 12,2 millóns de euros desde que o Goberno implantou este salario social, en xuño do ano pasado.
Para combater a fenda de xénero, o Goberno tamén puxo en marcha medidas como o pago dun complemento as pensións contributivas, do que se beneficiaron 741 lucenses desde o mes de febreiro. A contía total que lles abonou a Seguridade Social é de 38.675 euros.
Da revalorización das pensións aprobada no mes de xaneiro beneficianse 115.040 lucenses.
A subdelegada destacou, ademais, que o Goberno distribúe periodicamente máscaras para facilitar a protección das persoas máis vulnerables. Desde o comezo da pandemia distribuíronse na provincia un total de 592.500 máscaras.
Para atender ás persoas con menos recursos, no primeiro semestre deste ano destinou a 9.499 lucenses 170.412 kilos de alimentos, que foron entregados ao Banco de Alimentos e a Cruz Vermella para distribuílos na provincia a través de 73 entidades.
RETO DEMOGRÁFICO
A provincia de Lugo ten en marcha distintas medidas que desenvolve o Goberno contra o reto demográfico.
O Goberno puxo en marcha en 2020, para executar en dous anos, o Programa de Extensión de Banda Ancha de Nova Xeración (PEBA-NGA) que na provincia ten un orzamento total de 7,4 millóns de euros, con unha subvención de 5,8 millóns de euros para mellorar a cobertura da Internet en 2.773 aldeas da provincia.
Esta mesma semana, o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital vén de lanzar unha nova convocatoria dotada con 250 millóns de euros para extender a conectividade ultrarrápida a todo o territorio de España. Para a provincia de Lugo resérvanse 10,1 millóns de euros.
Por outra parte, Lugo foi pioneira, xunto con Xaén, nunha iniciativa de Correos para mellorar a atención aos veciños do rural que teñen acceso no seu domicilio, a través dos 212 carteiros rurais, á realización de xestións, pago de recibos e moitos dos servizos que se prestan nas oficinas da empresa pública .
APOIO AOS CONCELLOS
Entre outras medidas, o Goberno apoia aos concellos da provincia con financiando iniciativas como a rehabilitación de vivendas ou a mellora da eficiencia enerxética. Neste último caso, o Ministerio para a Transición Ecolóxia e o Reto Demográfico, a través do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDEA) deulle subvencións a 35 concellos e á Deputación, por importe de 20,6 millóns para o aforro de enerxía tanto no alumeado público como na eficiencia enerxética de edificios ou instalacións municipais.























Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.



