Cervo, 7 de agosto, 2021. O Concello de Cervo vén de poñer en marcha o servizo de punto limpo móbil, que percorrerá todas as parroquias e distintos lugares do concello para facilitar a reciclaxe de pequenos residuos domésticos a toda a veciñanza.
O percorrido deste vehículo comeza na parroquia de Rúa, instalándose na Antiga Escola, e alí permanecerá durante 15 días; para logo ir rotando por diferentes puntos do municipio:
San Román (antiga escola)
A Senra (centro cívico)
Sargadelos (aparcamento CHA)
Castelo (lavadoiro)
Trasbar (capela)
Viladesuso e Espiñerido (casa Basanta)
Gondras- A Venta
Cuiña- Rueta
Daián- Figueirido
Tal e como explicaron o rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, que se desprazaron ata a zona para ver en primeira persoa o funcionamento do novo equipamento ecolóxico, “o que pretendemos con este punto é facilitar á veciñanza a correcta reciclaxe de residuos domésticos (telefonos móbiles, lámpadas, cápsulas de café, pinturas e disolventes, sprays e aerosois, pilas, CD-DVD, cartuchos de tinta e de toner de impresora…) achegándolle este equipamento aos seus fogares, ao tempo en que seguimos incidindo na importancia de sensibilizarnos e de levar á práctica hábitos respectuosos co medio no noso día a día”.
Este novo equipamento vén completar o servizo do Punto Limpo Municipal situado no Polígono de Cuíña, cuxo horario de apertura ao público no verán é martes e xoves de 8:30 a 14:30 horas, e mércores de 15:00 a 20:00 horas.
Villares e Méndez recordaron que desde o Concello temos en marcha unha política de sensibilización ambiental que inclúe campañas como o “Coida Cervo”, un voluntariado de recollida de lixo a fin de poñer en valor as boas prácticas individuais no noso día a día no coidado e na protección da contorna; e agora este novo mini punto limpo pretende ser un novo piar desta política medioambiental, tanto no aspecto didáctico e de sensibilización, como no seu papel á hora de evitar a proliferación de puntos de vertido incontrolados nas contornas e espazos naturais.





















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



