O responsable trasladou así o apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo ao atleta viveirense, que protagonizou unha xornada histórica para o deporte galego ao lograr o quinto posto nos Xogos Olímpicos de Toquio. Efrén Castro destacou “a emoción” que se respirou en Viveiro durante a proba, “mostra do agarimo da xente a Adrián Ben e da capacidade que ten o deporte para mobilizarnos e facernos sentir orgullosos do noso”. A área de Deportes agarda a chegada a Viveiro de Adrián Ben para organizar un acto de homenaxe e transladarlle de primeira man a admiración e o recoñecemento por parte do deporte lucense.
![O deputado de Deportes Efrén Castro seguiu a carreira de Adrián Ben na final olímpica de 800 metros coa veciñanza de Viveiro, no recinto habilitado polo Concello nos Xardíns Noriega Varela para ver a proba en pantalla xigante](https://www.cronica3.com/wp-content/uploads/2021/08/Efren-Castro-entre-o-publico-que-se-xuntou-para-seguir-a-carreira-xunto-a-concelleira-do-BNG-en-Viveiro-Miriam-Bermudez.jpg)