Nela abordaron cuestións relativas ao desenvolvemento do curso que acaba de rematar, marcado polo COVID-19 e á planificación do vindeiro ano. Villares e Caramés aproveitaron a ocasión para supervisar as obras que veñen de rematarse estes días na biblioteca do centro, financiadas pola administración local, e que consistiron na instalación de tarima no piso.
![Alfonso Villares, e a edil de Educación, Dolores García Caramés, mantiveron unha xuntanza co director do CEIP Península da Paz, José Ángel Riveira](https://www.cronica3.com/wp-content/uploads/2021/08/20210723_134209-01-scaled.jpeg)