Ribadeo, 16 de agosto de 2021. A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (Apaga) organiza o X Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos que se celebrará en Ribadeo do 24 ao 27 de agosto e ao que asistirán medio cento de persoas. Entre as novidades deste 2021 destaca que os talleres terán lugar o mesmo día, o 24, nas instalacións de Apaga e un celebrarase no polígono industrial de San Cosme de Barreiros. Haberá unha exposición de pintura de Esther Páez na Casa de El Viejo Pancho como actividade paralela. Ademais das charlas, que se celebrarán do 25 ao 27, está prevista a inauguración do centro de interpretación de José Barro en Mondoñedo, a visita a unha empresa de micoloxía ecolóxica sostible en Ribadeo ou a presentación de dous coches: o Mercedes Clase S e o Ford Mustang Mach-E.
O X Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos foi presentado hoxe en Ribadeo polo presidente de Apaga, Álvaro Doural, polo tesoureiro da asociación, Francisco J. Rodríguez, e pola responsable de Accións Internacionais, Sandra Gómez.
O presidente de Apaga, Álvaro Doural, explicou que “como todas edicións, máis ou menos, é unha estrutura moi parecida, aínda que debido a que este ano se vai celebrar no local de Apaga, os talleres van ser un día, en horario de mañá e tarde. Tamén se vai facer unha actividade externalizada, que vai ser no polígono industrial de San Cosme de Barreiros, en colaboración coa empresa Tecmat e Forest Pioneer, que é unha empresa dedicada ás máquinas forestais como procesadores, autocargadores e todas as que se utilizan nesas actividades. Imos contar tamén ese día cunha novidade que é a exposición de pintura, que se titula Miradas. De dentro hacia fuera, de Esther Páez, de Murcia. É unha muller procedente dunha familia que se dedica tanto á escultura como á pintura, cunha traxectoria importante, xa que realizou bastantes exposicións. Vai ser na Casa de El Viejo Pancho”.
Doural sinalou que “o número de participantes anda sobre os 50, que era o aforo que tíñamos previsto, debido á situación que hai neste momento e que o local de Apaga tampouco se presta para meter moita máis xente. Queremos resaltar a importante colaboración das empresas privadas, que este ano se implicaron dunha forma moi importante. O orzamento estamos, como todos os anos, sobre os dez mil euros”. E engadiu: “este ano se lle dá outra volta de torca ao X Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos coa incorporación de cousas novas. Quizais unha das actividades máis importantes vai ser a inauguración do museo de José Barro, que se vai instalar en Mondoñedo. Creo que será unha semana bastante intensa de actividades”.
O X Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos é unha actividade homologada pola Consellería de Educación, Universidades e Formación Profesional. A inauguración será o 24 de agosto ás 10 da mañá no local de Apaga, sito en Vilar, en Ribadeo.

























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



