Foz, 19 de setembro de 2021. Onte, sábado, tivo lugar no Cenima a presentación do primeiro banco de fotos oficial de Foz cunha pequena representación do mesmo.
O concelleiro de Turismo, Chema Linares, comentou que “parece mentira, cando son moitas as fotografías que diariamente veciños e turistas colgamos nas redes, que o Concello de Foz ata agora non contara cun banco de fotos, moitas veces solicitado dende a oficina de turismo. Son moitas as revistas, publicacións, semanarios, xornais ou particulares que continuamente nos piden fotos dos diferentes recursos turísticos ou recunchos do noso concello; como recentemente para elaborar un libro sobre os castelos e fortalezas de España, da fortaleza do mariscal Pardo de Cela na Frouxeira, ou para un traballo sobre os paseos marítimos en Galicia, da Sociedad Estatal para la Gestión de la Innovación y las Tecnologías Turísticas (SEGITTUR), tendo que acudir a fontes externas para conseguir tales fotografías”.
Chema Linares destaca que se trata “dun traballo de máis de 270 fotografías de diferentes lugares e recursos do noso concello, no que están representadas as nove parroquias, as praias, os paseos, as rutas, a ría, o pobo, as igrexas e capela e, como non, o castro de Fazouro e a Basílica de San Martiño. É un traballo de longa de duración, de varios meses, xa que as condicións lumínicas e a propia natureza non son as mesmas en cada estación do ano nin en cada momento do día, ou mesmo as praias non son as mesmas con marea baixa ou chea”.
Para rematar o edil de Turismo engadiu que “con este traballo e outros en tramitación esperamos nutrir a nova web turística que se vai elaborar para o Concello de Foz e que xa está presupostada nos orzamentos deste ano”.
























Actuarán Carlos Ares, Celia Becks, Futuro Alcalde e Alcalá Norte, e o sábado será a quenda de La M.O.D.A., Ángel Stanich, Puño Dragón e Repion. López destacou o impacto económico do festival, cun retorno estimado dun millón de euros, mentres que Rouco subliñou a súa importancia turística e a achega municipal de 120.000 €.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



