Foz, 1 de setembro, 2021. A implantación e o desenvolvemento da enerxía eólica na Galiza é un exemplo de como unha tecnoloxía en principio considerada sustentábel e limpa pode virar en fonte de graves impactos ambientais e desigualdades sociais. A falta de ordenación, desordenada e por veces agresiva, fixo que os valores naturais e os dereitos da poboación dos territorios sobre a que se asentaron os parques eólicos foran gravemente lesionados. Atópanse en fase de tramitación 130 proxectos de parques eólicos para encher a Galiza de aeroxeneradores de 200 metros de altura, mesmo ameazando explotacións agrogandeiras e núcleos de poboación. Unha sorte de barra libre para ás eléctricas sen que as galegas e os galegos obteñan contrapartidas. O pasado 18 de agosto iniciábanse os trámites para a instalación dun novo parque eólico, o proxecto Borrasca, con macroaeroxeradores de mais de 150 metros, que afecta a numerosos veciños do Concello de Foz. O BNG de Foz considera este proxecto inadecuado para o Concello e inicia unha campaña de información cara a posibles alegacións e que rematará cunha palestra sobre as consecuencias destas instalacións na nosa contorna.