Lugo, 30 de setembro de 2021. O PP da provincia de Lugo lémbralle aos socialistas que “é o Goberno do PSOE o que está a protexer ao lobo antes que aos gandeiros”. Os populares explican, ademais, que “a Xunta xa está a intervir na defensa dos gandeiros e dos veciños da Mariña e doutras comarcas afectadas na provincia polos numerosos ataques do lobo”. Polo tanto, cren que “o PSOE ten moita cara” ao “esixir á Xunta o que non lle esixen ao Goberno de Sánchez que vén de incluír ao lobo na listaxe de especies silvestres en réxime de protección especial (LERPE) a pesar de contar coa oposición da Xunta e doutras comunidades lobeiras”.
O PP chama aos socialistas lucenses a “ser consecuentes” e, “se de verdade queren apoiar aos gandeiros, sumarse á ofensiva da Xunta e das comunidades do Cantábrico que veñen de recorrer ante os tribunais a protección que o Goberno de Pedro Sánchez dá ao lobo”.
Explican tamén dende o Partido Popular da provincia de Lugo que, trala aprobación da orde ministerial, “a potestade das Comunidades Autónomas e os seus plans de xestión decaen en favor do Ministerio, que foi quen quixo ter esa competencia e quen debe solventar os posibles danos que cause o lobo”.
Galicia, Asturias, Cantabria e Castela e León presentaron un recurso contencioso-administrativo ante a Audiencia Nacional e solicitaron a suspensión cautelar da orde ata sentenza firme dos tribunais por estar repleta de incoherencias coma a falta de motivación científica, as dúbidas sobre a tese que di que o censo ao norte do Douro non se vai incrementar, que contempla unha previsión económica de só 25.000 euros e que entrou en vigor sen período transitorio.
Os socialistas poñen a Sánchez por riba dos lucenses
A posición do PSOE en Lugo causa sorpresa, frustración e indignación porque, unha vez máis, e hai outros moitos exemplos dabondo nesta comarca -como ante a crise de Alcoa, Ence ou Vestas-, están do lado da Moncloa cando dá as costas reiteradamente á Mariña e aos galegos.










Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



