Lugo, 19 de novembro de 2021. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, insta a todas as partes implicadas a intentar desbloquear os proxectos da Asociación de pais de persoas con discapacidade intelectual de Viveiro (Aspanane) e a Escola de Idiomas da localidade. Para elo, solicitou formalmente a celebración dunha xuntanza na que estean representadas as citadas entidades e as catro administracións involucradas: a propia Xunta, o Goberno Central, o Concello e a Deputación Provincial.
A resposta ás necesidades de espazo de Aspanane pasa polo traslado da escola a outra ubicación, deixando así á entidade o uso exclusivo do edificio que ambos comparten na rúa Lavandeiras. A sede elixida era o antigo colexio de Celeiro, pero as esixencias económicas da Tesourería Xeral da Seguridade Social (TXSS) frean a iniciativa dende hai meses.
O organismo estatal propuxo ao Concello de Viveiro a adquisición do inmoble mediante o procedemento de alleamento por adxudicación directa e fixou un prezo de 770.000 euros, o que “é un grave obstáculo” para que prospere a operación. Arias solicitará ao Goberno central que valore outras alternativas, como a cesión de uso gratuíta.
O delegado lembra que a reforma do antigo colexio de Celeiro terá un custo de máis de medio millón de euros -525.500 euros, segundo a estimación realizada-, que acordaron asumir a partes iguais a Xunta de Galicia, o Concello e a Deputación.
Confía en que se poida chegar a unha solución que posibilite que tanto a Escola de Idiomas como Aspanane conten con instalacións independentes, máis modernas e eficientes, que lles permitirían ampliar o número de usuarios e dispoñer de mellores dotacións en beneficio dos veciños e veciñas de Viveiro e da comarca da Mariña en xeral.























Subliñou tamén a unión veciñal arredor desta cita gastronómica, que comparte protagonismo con outras festas da contorna. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, incluído nun programa que reúne artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, terá lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



