A Mariña, 15 de novembro, 2021. O Sindicato Labrego Galego comparte as análises e a diagnose que levaron ás organizacións sindicais de clase CIG, CCOO e UGT a convocar a Folga Xeral comarcal do próximo 17 de novembro, en contra do abandono e a desatención por parte dos poderes públicos das reiteradas demandas da cidadanía mariñá na situación de crise industrial, económica e social que atravesa a comarca.
Alén diso, o medio rural nesta comarca, e nomeadamente a agricultura e gandeiría, está a sufrir desde hai décadas os ataques das políticas neoliberais europeas e estatais, que están arruinando e facendo pechar a un grande número de explotacións. Exemplo evidente disto, aínda que non o único, é a situación pola que atravesa o sector gandeiro nestes momentos, no que os prezos percibidos polas explotacións non chegan a cubrir os custes de produción.
Por outra parte, o desmantelamento dos servizos públicos, que se nos presentan como inevitables coa escusa da COVID e da pretendida dixitalización dos mesmos, teñen consecuencias máis duras para as persoas que viven e traballan no medio rural dificultando o acceso e privando de dereitos a amplos sectores da poboación.
Máis o medio rural, e a agricultura e gandeiría labrega, debe formar parte da solución á situación que vive a nosa comarca, como garante dun modelo de produción de alimentos sostible e de proximidade aos cidadáns e cidadás, integrada no seu entorno, sostén de postos de traballo e criadora de riqueza valorizando os recursos locais.
Nese sentido demandamos:
. Reactivación do Centro de Formación e Experimentación Agraria Pedro Murias para a investigación, docencia e divulgación en materia de agroecoloxía.
. Plan de recuperacións de terras agrarias.
. Recuperación do persoal e da atención presencial nas Oficinas Agrarias Comarcais de Viveiro, Foz, Mondoñedo e Ribadeo.
As labregas e labregos tamén queremos FUTURO PARA A MARIÑA.



















O acto é aberto a quen queira participar neste recoñecemento. O grupo, con 80 anos de historia e formado por persoas de Figueras, Castropol, Vegadeo e Ribadeo, escolle este ano a Ribadeo para distinguir unha figura local, retomando a liña iniciada hai tres décadas con Luz Pozo Garza. As inscricións están abertas ata o luns 17 de agosto no número 680 13 24 24. Agárdase unha ampla participación.
Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



