Levabamos un ano esperándoa…e que desilusión! Que tristura!
Resulta que aos Reis Magos ocorréuselles este ano vir a Ribadeo a tarde noite do 5 de xaneiro, coma sempre… e non estabamos preparados. Tan ilustre visita e sen organizar! Foi todo un conxunto de improvisacións e tampouco se pode dicir que a COVID nos collera despistados, que era algo que descoñeciamos. Levamos máis dun ano vendo como ir facendo cousas sen poñer en risco a saúde. Pero ao equipo de goberno e á comisión da Cabalgata colleunos despistados, moi despistados. E empezaron os despropósitos.
Partimos dunha cabalgata estática ou recepción dos nenos polas Súas Maxestades: non coñecemos ningún concello que escollera esta modalidade que non empregara a cita previa, excepto Ribadeo. Aquí todos a facer cola, ben xuntiños, repetindo os erros do ano pasado e, desta vez, sumouse a meteoroloxía que non axudaba moito. Ó mellor facer a recepción no pavillón de deportes (un sitio amplo, de teitos altos pero cuberto) non sería mala idea. Pero familias enteiras armáronse de paciencia e foron poñéndose unhas tras outras en ringleira dende o Kiosko ata o cruce das catro calles, para pasar por diante duns Reis que nin sequera podían falar cos pequenos. En moitos concellos aos pícaros/as que se achegaron á recepción Real déronlles un agasallo ou un paquete de caramelos. Aquí, tampouco.
Poucas horas antes desta procesión de familias pacientes e ilusionadas…cambio de plans! Resulta que agora vai haber un pequeno desfile. Nos concellos onde ía seguir habendo cabalgata aumentaron o percorrido; aquí non, aquí reducírono para que a xente non se amontoase (mala estratexia). O desfile en si, unha tristeza: non había música, pode que non puideran vir grupos en directo, pero un altavoz con música enlatada igual se podía conseguir. (Grazas á Batukada por dar algo de ambiente festivo coa súa percusión ao desfile e despois polas rúas.) Ás Súas Maxestades ían soas nas carrozas (por protocolo COVID), pero as carrozas ían espidas: o Carteiro Real non levaba cartas, os Reis nin sacos de caramelos (que xa sabemos que non se poden tirar) nin un só paquete para agasallar… Xa fai anos que na cabalgata de Ribadeo faltan os paquetes de regalos que nas mentes dos que a víamos pasar levaban a bicicleta, a cociña, o scalextric, a boneca… aquelo que nos pediramos. Tamén se bota de menos aquel pequeno camión que dicía “Se non fuches bon eu traio o carbón”.
Ademais de acabar coa ilusión dos pícaros/as, estas improvisacións tamén acaban coa ilusión dos comercios e hostalería que nesa tarde véspera de Reis poden facer uns cartiños. Pero se non vai haber cabalgata, pois xa organizamos de ir a outro sitio.
O peor é escoitar na rúa: Eu o ano que vén xa busco outro sitio porque isto cada ano é peor, sácalle a ilusión a calquera.
É unha pena. Facer unha cabalgata longa, colorida e vistosa ás veces non é cousa de cartos, senón de buscar ideas ó longo do ano e mobilizar recursos públicos e privados que temos no concello. Equipo de goberno, vaia pensando xa e apuntando nun caderno, que o 5 de xaneiro logo volve e improvisar acaba coa ilusión.
Begoña Sanjurjo Santar (Grupo municipal Popular)























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



