Viveiro, 4 de febreiro, 2022. O sector das conservas de peixe amenceu hoxe de novo practicamente paralizado como consecuencia do terceiro día de folga para reclamar un convenio colectivo digno. Ao igual que nas dúas xornadas anteriores, centos de traballadoras/es botáronse á rúas en Vilagarcía, Vigo, Boiro e Celeiro (Viveiro) en defensa das súas condicións laborais.
As principais empresas da industria conserveira galega permaneceron sen actividade por efecto duns paros cuxo seguimento non parou de medrar dende a primeira xornada de folga, celebrada o pasado 21 de xaneiro. Ao igual que no día de onte, na cidade de Vigo unha concorrida manifestación percorreu a distancia ente o edificio da Xunta e a sede da Confederación de Empresarios de Pontevedra. En Vilagarcía celebrouse unha concentración na praza de Galiza, en Boiro tivo lugar outra manifestación e en Celeiro houbo unha
concentración diante de conservas Albo.
Dende a FGAMT-CIG amosaron a súa satisfacción polo novo exemplo de dignidade das traballadoras/es da conserva. “Grazas polo voso compromiso coa loita por un convenio digno, é un orgullo ter este equipazo de persoas loitando polos nosos dereitos”, manifestou unha representante da central sindical ao remate da protesta de Vilagarcía.
Durante a intervención sinalou que hoxe remata “o primeiro lote” de convocatoria de folga, “pero a nosa loita non remata hoxe e non rematará ate conseguirmos un convenio digno para as persoas traballadoras do sector da conserva”. En concreto, un convenio que garanta o poder adquisitivo, que supoña “dunha vez por todas” a igualdade retributiva de homes e mulleres, no que fenda salarial “pase a formar parte da historia”.
Un convenio que recolla as garantías legais para que o establecemento da quenda de fin de semana “en ningún caso, absolutamente en ningún caso” supoña a modificación das actuais persoas traballadoras do sector e que sirva exclusivamente para a creación de emprego a través das empresas e non das ETT.
“E para conseguirmos isto, desde aquí e como CIG queremos mandarlle unha mensaxe clariña
patronal deste sector: señores e señoras da patronal, cometeron un erro anulando a reunión do pasado 27 de xaneiro e volveron a cometer un erro rompendo a mesa de negociación o pasado 2 de febreiro”.
Por iso instou o empresariado a emendar os erros cometidos, “e para iso pedímoslle que convoque con urxencia a mesa de negociación, que acudan con vontade negociadora para acadar un acordo definitivo e que deixen de utilizar os medios de comunicación para intimidarnos e desdicirse das propostas trasladadas na mesa de negociación”.
Neste senso, reiterou a dispoñibilidade das centrais sindicais para continuar co proceso de negociación do convenio canto antes, “pero tamén dende aquí décimos alto e claro que a nosa disposición a negociar non implica vender os dereitos das persoas afectadas polo convenio das conservas de peixe”.
Finalmente, dirixiuse ao persoal do sector para adiantarlle que ao longo da vindeira semana terá cumprida información dos acontecementos, “e que non vos quede ningunha dúbida de que se a patronal se nega a retomar o proceso de negociación haberá novas convocatorias de mobilización porque esta loita ten un obxectivo claro: conseguir un convenio xusto para o sector da conserva; e mentres non o consigamos, a loita continúa”






















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).