Muras, 18 de marzo de 2022. É de publico coñecemento que os traballos para contar cun polígono Industrial iniciáronse no ano 2016, e despois de seis anos seguimos sen ter aprobado a modificación das normas subsidiarias, trámite necesario para poder construír as ansiadas instalacións industriais. Nesta tramitación, foron varios os requirimentos da Dirección Xeral para emendar o documentos, ben por falla de informes ou por cuestións puramente formais. No último requirimento de Urbanismo, advirten da ausencia dun informe sectorial, de Medio Rural, sobre a protección agropecuaria e forestal, que non fora requirido en ningunha comunicación anterior, ademais da necesidade de aportar planos dos que tampouco se dera conta previamente.
Non é comprensible que a lexislación do solo de Galicia, estableza no seu artigo 60.7, que será o órgano competente en materia de urbanismo quen solicite os informes sectoriais autonómicos preceptivos, que haberán de ser emitidos no prazo de tres meses, transcorrido o cal se entenderán emitidos con carácter favorable, e despois a propia Xunta inste ao concello a que solicite ditos informes. De feito, o último informe que se precisa da Consellaría de Medio Rural, foi solicitado polo Concello o 20/12/2021, e a día de hoxe, despois de catro meses, aínda non foi emitido.
O colmo deste proceso é a presentación do PP de Muras, a través do Sr. Balseiro, dunha pregunta na comisión 2ª de ordenación territorial para saber en que situación se atopa o expediente da modificación urbanística. Parece que o PP aínda non se enterou de que hai seis anos que Muras quere facer un polígono Industrial e tampouco que Augas de Galicia ou a Consellaría de Medio Rural son organismos que dependen da Xunta de Galicia, non do concello, polo que mellor lles sería pedir explicacións nos despachos onde gobernan.
A equipa de goberno, manifestou que “Con tanta lexislación feita polo PP de simplificación administrativa para a reactivación da economía non é normal que a propia Xunta de Galicia non cumpra a normativa que aproba, como nos prazos de emisións de informes”. Os edís engadiron que “a verdade é que o PP na Xunta non está facendo nada para activar a economía de Muras, porque as empresas seguen esperando a que teñamos o parque industrial listo, onde se poderían crear varios postos de traballo. Despois quéixanse de que o rural está despoboado e da falla de emprego”. Por último engadiron “Se queren que Muras conte cun polígono Industrial, que se dediquen a traballar xa na Xunta para que fagan o seu traballo, en vez de enganar con palabrería barata e poñer trabas no futuro do noso pobo. Levamos once anos de moita propaganda de Feijoo de activación da economía e cero efectividade, e só vemos como as empresas na comarca pechan unha tras outra”.










O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



