Lugo, 6 de abril de 2022. A Deputación de Lugo colabora co Concello do Valadouro cunha achega de 65.000€ para a adquisición de tres bens inmobles no centro de Ferreira. A entidade local mercou o antigo cine, unha parcela anexa ao cine e unha vivenda en ruínas con finca grazas a un convenio de colaboración asinado polo Presidente provincial, José Tomé Roca, e o Alcalde valadourense, Edmundo Maseda. O Concello achegou 10.020€.
O Concello xa adquiriu e ten escriturados estes inmobles co obxectivo de mellorar os servizos públicos que ofrece á veciñanza en Ferreira do Valadouro. A institución provincial amósase comprometida con estes proxectos que serven para que dende o Concello se atendan as necesidades sociais con novas dotacións públicas, á vez que se lles dá unha nova vida a infraestruturas que se atopan en desuso e deshabitadas.
O Presidente subliñou que esta achega económica pon de manifesto “o noso compromiso de colaboración co Concello para que poida ofrecer máis e mellores servizos públicos aos seus veciños e veciñas e, desta forma, contribuír a que a xente se quede a vivir no noso rural”.
O antigo cine atópase na Avenida de Viveiro e foi construído no ano 1961. Conta cunha superficie de 405 m2 e a parcela anexa ten 217 m2. O Concello avaliará agora o estado da infraestrutura para poder estudar posibles usos sociais aos que poder destinalo.
Pola súa banda, xa ten na súa propiedade tamén unha vivenda en ruínas que se atopa na rúa Concepción Arenal, fronte ao parque. A data do inmoble é de 1880 e ten 234m2, aos que cómpre sumar a parcela que ten 1.332 m2. Esta adquisición permitiralle ao concello ampliar o espazo destinado a eventos, como as feiras e o mercado semanal.
Así mesmo, poderase ampliar a zona de estacionamento, así como tamén estudar futuros proxectos para desenvolver neste lugar que se atopa no corazón da vila.












Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



