Foz, 20 de abril de 2022. O alcalde de Foz, o socialista Fran Cajoto, ten sobradamente demostrado o seu nulo interese por xestionar os servizos municipais a favor dos seus veciños. Agora, de novo, se pon de manifesto esta maneira de exercer o poder local coa súa teima de ceder a Residencia á rede galega do Consorcio, co que deixaría de estar garantida a prioridade dos maiores de Foz para acceder a este servizo. O portavoz popular, Javier Castiñeira, sinala: “O grupo municipal do PP pide ao señor Cajoto que se esqueza de ceder a Residencia á rede galega do Consorcio e que canto antes prepare os pregos para renovar a concesión en xaneiro do ano 2023, posto que, á vista de como xestionou o contrato de Axuda no Fogar, no que se tardaron tres anos, xa imos tarde para non ter problemas”.
Castiñeira explica: “As consecuencias da decisión unilateral de Cajoto serían devastadoras especialmente para os maiores de Foz, que non terían prioridade na entrada e terían que ir para outras localidades, no caso de non entrar na residencia de Foz. Tamén se verían afectados os traballadores, que serían outros dos prexudicados, posto que a rede do Consorcio ten o seu propio sistema de xestión, totalmente independente do que leva o Concello”.
No PP destacan que levan tempo “pedindo ao alcalde no pleno que cambie de opinión, pero insiste na súa idea, que consideramos que é algo persoal, non é a idea que tiveron no seu momento na anterior corporación, cando se sacou adiante este proxecto, moi necesario e vital para Foz, como era o da Residencia”. Engaden: “Fixemos todo o posible para que ficaran en Foz os maiores e os traballadores que estaban no Asilo. Agora, con esta decisión, non estaría garantido nin para os actuais nin para os veciños que no futuro quixeran ir a residencia da nosa localidade”.
En opinión de Castiñeira a razón que move a Cajoto “é única e exclusivamente aforrar nunha partida de axudas, que a día de hoxe existen para os residente locais con menos medios; Cajoto alega que é unha competencia da Xunta de Galicia, e por iso quere desligarse de todo”.










O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



