Esta actividade propón un percorrido de 6 quilómetros con estacións de adestramento o próximo 29 de maio
Viveiro, 12 de maio de 2022. O Concello de Viveiro colabora na primeira edición de “Walkfit”, unha actividade de adestramento ao aire libre impulsada pola adestradora Lorena Díaz. A iniciativa celébrase o próximo domingo 29 de maio, ás 10:30, percorrendo a vila de Viveiro con diferentes exercicios.
“Walkfit” é un camiño de adestramento en grupo ao aire libre que combina ao longo do seu recorrido, estacións de adestramento dirixidas por adestradores profesionais.
Este tipo de experiencias de benestar desenvólvense nun contexto urbano, neste caso, no propio centro de Viveiro e a súa periferia. Polo tanto, a vila de Viveiro convértese no propio ximnasio.
A iniciativa propón deste modo unir o deporte e gozar da vila. Ademais, os participantes portarán uns auriculares inalámbricos para recibir a música e a voz do instrutor.
En total, proponse un percorrido de 6 quilómetros, con diferentes estacións de adestramento. A saída será ás 10:30, na explanada do “pizzbur”, e a actividade rematará ás 12:30. Ofértanse 60 prazas, cun custo de inscrición de 15 euros. As inscricións poden realizarse no teléfono 622170260 ou no correo walk-fit@hotmail.com










Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



