Ribadeo, 2 de maio de 2022. Nove alumnas e alumnos asistiron o sábado en Ribadeo, no restaurante O Horto, á primeira sesión do curso de formación en hostalería organizado por Apaga (Asociación de Profesores de Automoción de Galicia).
Os asistentes abordaron o uso da dotación básica dun restaurante, así como a asistencia no pre servizo, a elaboración á vista do cliente e os tipos de servizos e a súa aplicación. No caso do bar-cafetería o curso céntrase na utilización da maquinaria, equipos, útiles e enxoval, preparación e presentación de aperitivos, cervexas, augardentes e licores de maio consumo nestes locais e preparación e servizo de bebidas non alcohólicas.
A segunda sesión será o vindeiro sábado, 7 de maio.
O presidente de Apaga, Álvaro Doural, incide en que “llevamos meses viendo las necesidades de la hostelería. Cada día leemos en sus redes sociales y en los medios de comunicación que se buscan camareros, ayudantes de cocina, cocineros, personal de sala, camareras/os de pisos… La oferta en A Mariña es enorme, pero todos esos puestos de trabajo no se cubren. Lo hemos visto esta Semana Santa y se volverá a repetir en verano, salvo que entre todos hagamos algo por mejorar esta situación”.
Doural engade: “hay muchas posibilidades de trabajo en el sector de la hostelería y de la restauración en esta comarca, pero no hay personal suficiente para cubrir esas vacantes”.









Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



