Con motivo do Día Internacional do Orgullo LGTB, que se celebra mundialmente o 28 de xuño, a bandeira multicolor lucirá dende este sábado no Pazo de San Marcos
Lugo, 23 de xuño de 2022. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, convocou para este xoves unha Xunta de Voceiros e Voceiras co fin de propoñer o consenso entre os tres grupos políticos representados na Corporación provincial dunha Declaración Institucional pola defensa dos dereitos LGTBIQA+ que se enmarca no 30 aniversario do Europride, a gran festa de reivindicación europea a prol da igualdade sexual e de xénero.
Da xuntanza saíu un acordo unánime de PSdeG, BNG e PPdeG, que se aprobará no Pleno do vindeiro martes, para defender e amparar os dereitos deste colectivo ante o auxe dos partidos de extrema dereita cunha clara axenda homófoba, e para seguir avanzando nos principios de igualdade, non discriminación por motivos de orientación sexual, identidade de xénero e na protección das persoas vítimas de delitos.
Ademais, dende este sábado, e con motivo da celebración do Día Internacional do Orgullo LGTB que se celebra mundialmente o vindeiro 28 de xuño, a bandeira multicolor lucirá no Pazo de San Marcos.
DECLARACIÓN INSTITUCIONAL
Un ano máis, a Deputación de Lugo quere sumarse á celebración do 28 de xuño como o Día Internacional das persoas Lesbianas, Gays, Bisexuais, Transexuais, Transxénero, Intersexuais e Queer. Unha data para seguir traballando por acadar a plena igualdade de dereitos nunha sociedade que non discrimine a ninguén pola súa orientación sexual.
Este ano 2022 marca tamén o 30 aniversario do Europride, a gran festa de reivindicación europea a prol da igualdade sexual e de xénero. Non é unha casualidade que o Europride xurdise o mesmo ano, 1992, no que se ratificaba no tratado de Maastricht a creación da Unión Europea.
A Unión Europea nacía como un espazo de liberdade, de cooperación, de defensa dos valores democráticos no sentido máis amplo da palabra. E o traballo dos colectivos LGTBIQ+ viña poñer no primeiro plano da axenda política as súas reivindicacións, denunciando as situacións de violencia, exclusión ou perda de dereitos que moitas persoas, moitos cidadáns e cidadás europeas sufrían día a día por motivo da súa orientación sexual.
A Unión Europea non podería ser unha realidade plena se non garantía a súa carta de dereitos e liberdades ó conxunto de todos os seus habitantes, sen facer distincións por motivo de xénero ou orientación sexual.
Nestes 30 anos, as sociedades europeas teñen avanzado moito no recoñecemento de dereitos do colectivo LGTBIQ+. Pero o auxe dos partidos de extrema dereita, cunha clara axenda homófoba e de recorte de dereitos, nos lembra a necesidade de seguir traballando para non perder ningún dos dereitos conseguidos. Agora mesmo, en Europa do Leste, asistimos a un conflito bélico no que participa un país no que non está recoñecida a homosexualidade, isto é, no que oficialmente, as persoas LGTBIQ+ non existen.
Non podemos encamiñar o futuro do século XXI normalizando ideoloxías de exclusión e discriminación propias de etapas xa superadas pola historia. Ideoloxías que se atopan detrás do incremento dos delitos de odio ou dos casos de acoso nas redes sociais que se veñen detectando nos últimos anos.
A pesar dos avances alcanzados en materia de dereitos LGTBIQ+, quedan moitas lagoas pendentes de ser abordadas polo poder lexislativo, especialmente no relativo á loita contra a discriminación por motivos de orientación sexual e identidade de xénero e ao recoñecemento e protección das persoas LGTBIQ+ vítimas de delitos.
Entendemos que neste contexto, o papel das administracións locais, pola súa especial proximidade ós cidadáns, ten que ser decisiva á hora de amparar e defender os dereitos humanos e enmarcando calquera actuación nos principios de igualdade e non discriminación. Concellos e Deputacións Provinciais somos garantes da efectividade da loita pola igualdade e na defensa da convivencia cidadá e axentes esenciais insubstituíbles da protección dos dereitos e liberdades de toda a cidadanía e defensores da non discriminación, con independencia da raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.
Por iso condenamos enerxicamente calquera discriminación contra as persoas LGTBIQ+ e os seus dereitos fundamentais, incluída a incitación ao odio e lembramos a importancia de tomar medidas concretas para poñer fin á discriminación contra as persoas LGTBIQ+.
Manifestamos a nosa especial preocupación ante o repunte do discurso do odio e negámonos a aceptar como normal posturas políticas que pretenden construír a seu proxecto a costa de negarlle dereitos a unha parte da sociedade por motivo da súa orientación sexual. A loita contra o racismo, a xenofobia, a homofobia, a transfobia e outras formas de intolerancia é unha loita para fortalecernos como sociedade.
Neste ano no que se cumpren tres décadas de reivindicacións LGTBIQ+ europeas, queremos apoiar dun xeito expreso todas as accións locais, rexionais, nacionais e europeas que teñan por finalidade a promoción da igualdade, especialmente as dirixidas a loitar contra os estereotipos e a mellorar a aceptación social das persoas LGTBIQ+. E queremos recoñecer o traballo das organizacións da sociedade civil que traballan polos dereitos das persoas LGTBIQ+ e o valor da colaboración coas Autoridades Locais para poñer fin a calquera discriminación existente e seguir impulsado unhas políticas públicas igualitarias e inclusivas.
A Unión Europea ten a súa historia vencellada dun xeito estreito ó desenvolvemento dos dereitos do colectivo LGTBIQ+. E para seguir avanzando na Europa que queremos, cumpre que este vínculo siga manténdose no futuro, ata acadar a plena igualdade real de todas e todos os cidadáns da Unión.





















A representación terá lugar este sábado día 18, ás 19:30 horas, no local social da Asociación de Veciños de Marzán, un dos destinos habituais nas xiras anuais da compañía. O Centiño mantén así a tradición de visitar este espazo, onde agarda compartir co público unha tarde divertida e chea de humor. A agrupación teatral continúa así coa difusión da súa nova obra, que segue a percorrer diferentes escenarios da comarca.
Dezaoito locais hostaleiros de Ribadeo, Rinlo e Vilaframil ofrecerán diversas preparacións ata o vindeiro domingo: en escabeche, en salpicón, en empanada, ao allo, á prancha, en albóndega, etc… Todas as propostas poden consultarse nas redes sociais de Acisa Ribadeo, que agradece “unha vez máis o apoio da OPP do Porto de Burela, que nos doou 90 quilos de cabala para estas xornadas, produto que entregamos de xeito gratuíto aos locais participantes. Achegámoslles así unha parte do peixe que empregarán nesta nova cita gastronómica na que tamén colabora o Concello de Ribadeo”. Ata o porto, ao restaurante Marinero, se achegaron este mediodía o director territorial da Consellería de Mar, Alexandre Piñeiro, as concelleiras ribadenses Montse Seijo, Elena Sierra e Begoña Sanjurjo, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, o xerente do colectivo empresarial, Jesús Pérez, e o técnico de Acisa, Jorge Fernández, que puideron degustar as elaboracións realizadas por este establecemento hostaleiro.
Durante a xornada Lionel compartirá a súa experiencia no mundo da escrita, dando a coñecer os seus procesos creativos e as temáticas que caracterizan os seus libros. O acto incluirá un coloquio participativo cos asistentes do club onde poderán preguntar e intercambiar opinións co autor sobre o libro lido “A raíña das velutinas”.
O sábado terá lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 24 de abril na Casa do Concello (Cervo) ou na Casa da Cultura (San Cibrao). A actividade está dirixida a persoas pensionistas empadroadas no municipio. Trátase dunha xornada pensada para compartir, celebrar e desfrutar en comunidade.



