A titular de Mar mostra a súa preocupación polos pasos que está a dar a Comisión Europea neste eido recorrendo a datos que semellan parciais e desactualizados
Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2022. A conselleira do Mar, Rosa Quintana, lamentou hoxe os últimos pasos dados por Bruxelas en relación coa pesca de fondo en augas comunitarias e advertiu de que sería un moi mal precedente que avanzase de xeito unilateral na súa prohibición. Fíxoo durante a sinatura do Manifesto en defensa da pesca, o marisqueo, a acuicultura e a cadea mar-industria europeas, no que Galicia pide á Comisión Europea que defenda estas actividades daqueles que queren atacalas con intereses pouco transparentes.
O documento lamenta que a política medioambiental estea a impoñerse á pesqueira e pon como exemplo a limitación á pesca de fondo en augas europeas. Neste sentido, a representante do Executivo galego censurou que Bruxelas pretenda adoptar unha decisión tan drástica en base a datos que semellan parciais e desactualizados.
Por iso, a titular de Mar mostrou a súa confianza en que o Executivo comunitario rectifique e inicie unha consulta seria e rigorosa entre todas as partes implicadas antes de adoptar unha decisión. Neste sentido, lembrou que a votación realizada no seo da UE non contou con maioría cualificada e que se descoñecen os ditames biolóxicos e socioeconómicos nos que baseou a súa proposta.
Rosa Quintana subliñou que Galicia está a analizar as repercusións xurídicas que tería a medida e as actuacións que se poden realizar na defensa dos intereses da frota galega. A prohibición da pesca de fondo en preto dun cento de zonas en augas comunitarias suporía un gran prexuízo para as frotas de Gran Sol e de litoral, poñendo en risco centos de postos de traballo.
Por este tipo de cuestións, o manifesto de apoio ao sector pesqueiro aposta por unha revisión da Política Pesqueira Común (PPC) na que Bruxelas teña en conta que a pesca e a acuicultura supoñen unha fonte fundamental de alimento de recoñecido valor nutritivo e que teñen unha baixa pegada de carbono, polo que son actividades chave na seguridade alimentaria europea e mundial no contexto do cambio climático.
Ante esta situación, o documento sinala a transcendencia de avaliar se as actuais carencias da PPC son debidas á falta de aplicación ou á necesidade de mellorar o seu deseño e os seus instrumentos facendo fronte a importantes retos como a remuda xeracional no sector, o brexit ou o cambio climático. Precisamente, neste último punto, os asinantes consideran o sector do mar parte da solución -e non o problema- polo que apostan por avanzar por ese camiño.
Proceso
O manifesto asinado hoxe foi subscrito por distintas entidades da cadea mar-industria de Galicia e nos próximos días remitirase ao resto de comunidades e rexións pesqueiras europeas coa finalidade de que se sumen a el e poder conformar unha fronte común forte na defensa do sector. A maiores, a Xunta remitirá o manifesto aos deputados galegos do Parlamento Europeo para que coñezan o seu contido e o teñan en conta á hora de definir o seu voto nas decisións de calado referentes ao eido do mar que debe aprobar a Eurocámara.
Entre as entidades asinantes ou que subscribiron o documento están a federación nacional, a galega e as tres federacións provinciais de confrarías de pescadores de Galicia, Anfaco-Cecopesca, Conxemar, Apromar, o Clúster da Acuicultura de Galicia, Opmega, Amegrove, FARN, Anmupesca, a Lonxa da Coruña, CCOO-Galicia, UGT-Galicia, ARVI -incluídas distintas asociacións que a integran-, a Sociedade Cooperativa Santa Uxía de Ribeira, a OPP7 de Burela, ABSA, Acerga, Pescagalicia-Arpega-O Barco, a OPP13 da Coruña, Opromar, Arpesco, Orpagu, Porto de Celeiro e a asociación Cerqueiros Galegos.





















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



