Mon Fernández defende esta alternativa “sólida e de futuro” para impulsar a reactivación industrial da comarca vinculada ao sector enerxético
Santiago de Compostela, 21 setembro 2022. O portavoz nacionalista de Industria, Mon Fernández, defendeu no Parlamento galego a creación dun centro de I+D+i para o almacenamento de enerxía, unha alternativa “sólida e con futuro, capaz de xerar emprego e atraer moitas outras empresas” que permitiría impulsar nas Pontes unha reactivación industrial vinculada ao sector enerxético e achegar certezas nun contexto de confusión e inseguridade no que “a situación da central térmica, e en consecuencia a situación da vila e da súa contorna, seguen igual, seguen sumidas na confusión e na improvisación”, o que, segundo recalcou, “fai que o impulso de alternativas sólidas e con futuro sexan prioritarias”.
Nunha proposición non de lei defendida na comisión parlamentaria de Industria, Fernández argumentou a idoneidade dun proxecto que, por unha banda, permitiría dar resposta á necesidade “urxente e estratéxica” de garantir a estabilidade do subministro na transición enerxética cara ás enerxías renovables, e, por outra, aproveitar a variedade de tecnoloxías existentes na contorna (hidráulica, eólica e gasística, así como a proximidade de instalacións industriais grandes consumidoras de enerxía) para testar a escala real as diferentes solucións que puideran promoverse desde ese centro tecnolóxico, o que serviría de polo atracción para que outras empresas do sector se instalaran nas Pontes ou na súa contorna.
“Coa constitución dun centro destas características poderiamos dar un salto cualitativo na cadea de valor da industria enerxética”, incidiu, para engadir a continuación que “poderiamos deixar de ser meros produtores de electricidade, como viñamos sendo historicamente, para ser tamén provedores de tecnoloxía, de coñecemento”, un aspecto que considerou chave para aproveitar a presencia de recursos enerxéticos e dunha industria transformadora como a térmica e o ciclo combinado de gas “para ascender nesa cadea de valor, entrando de cheo no que se denomina economía do coñecemento nun sector estratéxico e esencial como é o da enerxía”.
Logo de criticar ao PP o seu veto reiterado a esta alternativa, que o BNG xa defendeu no Parlamento galego hai dous anos, o deputado nacionalista recordou que, mentres, concretábase a creación en Estremadura dun Centro Ibérico de Investigación en Almacenamento Enerxético que poderá entrar en funcionamento a finais de 2023 cun investimento de 75 millóns de euros, a maior parte achegados polo Goberno estatal.
“E entón si, o PP en Galiza criticaba que se realizara ese investimento en Estremadura, pero sen aceptar a proposta para impulsar o das Pontes”, recriminou, logo de recalcar a participación no proxecto de Estremadura non só dos gobernos estatal e estremeño, senón tamén do portugués, “o que fai moito máis difícil de aceptar que non fose Galiza a escollida para instalar este centro”.
A xuízo do portavoz nacionalista de Industria, a importancia e os medios que estes tres gobernos conceden á constitución do centro estremeño e as expectativas que depositan nel, “reforzan as razóns e os argumentos que desde o BNG lanzábamos hai xa dous anos” e, neste sentido, considerou que o proxecto de Estremadura non supón un atranco para que se impulse outro dentro do Estado español, polo que reclamou á Xunta que fixe como obxectivo prioritario situalo nas Pontes e mesmo impulsalo con recursos propios, consignando xa as partidas necesarias nos próximos orzamentos.
Logo de advertir que “a Xunta foi incapaz de achegar ningunha solución, ningunha alternativa sólida e con futuro para a transición e a reactivación industrial das Pontes durante os últimos tres anos”, Fernández instou ao Goberno do PP a “cambiar o paso e cambiar de actitude” para asumir “as súas tarefas e responsabilidades de goberno, deixando de comportarse como se non fose máis que outro tertuliano ultra e impulsando alternativas con visión estratéxica, pero, sobre todo, con consignación orzamentaria”. Pese aos argumentos do deputado do Bloque, o PP xa adiantou durante o debate parlamentario o seu veto, unha vez máis, á proposta nacionalista.
























Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.



