“Para a Deputación, o Día do Maior son os 365 días do ano porque, cada día, traballamos para mellorar a atención que reciben os nosos maiores, xa que, despois de toda unha vida de traballo, merecen que a sociedade lles devolva todo ese esforzo en forma de coidados, atención, cariño e benestar”, subliñou o mandatario provincial
Lugo, 30 de setembro de 2022. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, recibiu este venres no Salón de Plenos a 37 usuarios e usuarias dos sete Centros de Atención a Maiores da institución provincial con motivo da celebración do Día Internacional das Persoas Maiores. No encontro tamén participou o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón; a Alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez; os alcaldes da Fonsagrada, Carlos López; Meira, Antonio de Dios; Pedrafita do Cebreiro, José Luis Raposo, e Pol, Lino Rodríguez Ónega, así como a Concelleira de Servizos Sociais de Ribadeo e Deputada provincial, Mónica Freire Rancaño.
José Tomé deulle a benvida aos usuarios e ao persoal das residencias ao Salón de Plenos, “onde os responsables políticos tomamos as decisións coas que queremos mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas. Decisións, por exemplo, como as de abrir centros de atención a maiores”.
Neste sentido, incidiu en que, para a Deputación, “o Día do Maior son os 365 días do ano porque, cada día, traballamos para mellorar a atención que reciben os nosos maiores, xa que, despois de toda unha vida de traballo, merecen que a sociedade lles devolva todo ese esforzo en forma de coidados, atención, cariño e benestar”.
Así, puxo en valor o modelo de residencias que ten implantado a institución provincial en colaboración cos concellos, “centrado no benestar das persoas, que permite o arraigo dos veciños na súa terra, preto do lugar no que naceron ou do que viviron toda a vida, e cerca da súa familia”. Un modelo público , destacou, “que se está poñendo como exemplo en España e que interesa tamén en Europa”, avanzando que o vindeiro 13 de outubro o Deputado de Promoción Económica e Social viaxará a Bruxelas para explicar o funcionamento dos centros de maiores provinciais no seo da Semana Europea das Rexións e Cidades.
O mandatario provincial agradeceu a visita dos maiores, e puxo en valor a súa actitude na pandemia, durante a que foron “exemplares”, e o seu “dinamismo e as gañas de facer cousas que demostran todos os días, tal e como constatan os equipo de persoal das residencias”.
Os maiores, coñeceron diversas estancias do Pazo de San Marcos, onde loce na planta baixa o mural que eles mesmos elaboraron con motivo da efeméride, formado por fotografías súas e co lema Cremos que nolo merecemos. Somos maiores!! Viva a Festa!!
Posteriormente, degustaron unha comida nun restaurante do concello de Lugo.
Na actualidade, a Deputación de Lugo conta con sete centros públicos de maiores abertos, situados en Trabada, Pol, Ribadeo, Castroverde, A Fonsagrada, Pedrafita do Cebreiro e Meira, e nos vindeiros meses abrirá os de Navia de Suarna e Ribas de Sil, de forma que no 2023 estarán en funcionamento 9 residencias, que suman máis de 300 prazas asistenciais e uns 230 postos de traballo directos, aos que hai que sumar os indirectos. Así mesmo, traballa nos proxectos para crear outros nove centros en Guitiriz, A Pontenova, Portomarín, Pantón, Cervantes, Becerreá, A Pobra do Brollón, Ourol e Folgoso do Courel.












Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



