Alfoz, 17 de outubro de 2022. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está a instalar 10 novas marquesiñas nas estradas autonómicas de oito concellos de Lugo, todas elas en contornas rurais. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, comprobou hoxe os traballos realizados en Alfoz, nos puntos quilométricos 17,2 e 18,6 da estrada LU-160.
Nestas semanas tamén quedarán instaladas dúas na LU-115 en Outeiro de Rei e as demais en vías autonómicas de Triacastela, Guntín, Muras, Bóveda, Foz e Xove. Catro delas veñen a substituír a instalacións obsoletas e as demais sitúanse en puntos que carecían deste servizo.
Paralelamente, a Consellería tamén está a entregar refuxios similares aos concellos, que asumen e deciden a súa colocación nos puntos nos que consideran que prestan un mellor servizo aos veciños e veciñas.
Arias indicou que o obxectivo é dotar de instalacións axeitadas ás paradas das liñas dos servizos de transporte interurbano de viaxeiros por estrada, que ofrezan ao usuario unha protección fronte ás inclemencias meteorolóxicas e melloren a comodidade durante a espera. Tamén se pretende fomentar unha imaxe recoñecible das marquesiñas de Galicia, cun deseño integrado na paisaxe que inclúe materiais autóctonos como a madeira.
Neste sentido, o delegado explicou que a Consellería formalizou un contrato de máis de 1 millón de euros para a fabricación e subministro de 200 refuxios de tipoloxía rural, e inviste agora unha media de 5.800 euros en cada instalación. Deste xeito, dá continuidade á actuación impulsada no 2018 mediante a que xa se instalaron 152 refuxios, con deseños para ámbitos urbanos ou rurais, en diferentes concellos de Galicia.
En xeral, os traballos inclúen -ademais da instalación en si- a execución da soleira cando é necesario e a súa adaptación de pendentes, a reposición da drenaxe lonxitudinal da estrada e dos accesos, execución de pequenos muros cando hai desnivel, ensanche puntual da beirarrúa para cumprir as condicións mínimas de accesibilidade e a colocación de sinalización.
Sitúanse en terreos de dominio público viario, en zonas que contan coas autorizacións pertinentes e co compromiso dos concellos de asumir o seu posterior mantemento.









Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.



