Viveiro, 6 de outubro, 2022. Xa estamos de volta có Juepeo, os Xoves en Viveiro Tapeo. Este xoves 6 de Outubro arrinca unha nova edición desta campaña, trala parada nos meses de verán.
Serán 12 os participantes desta nova edición, Restaurante O Muro, Vinoteca Los Leones, El Tigre, Restaurante Casa Pepi, Mesón O Recuncho, O Rincón do Tronco, Asador La Quinta, Gastrobar Hotel Urban, Atlántico Gastrobar, Mesón A Ría, Pulpería O Panadeiro e Heladería Puerta Real que son os que poñen a nota dulce nestes Juepeos.
Ofrecerán tódolos xoves unha tapa ó prezo de 2,50€. Esta xa é a oitava edición que se pon en marcha, unha inciativa que foi moi ben acollida polo público e que pouco a pouco foi medrando e asentandose como a alternativa de ocio para os xoves. O obxetivo desta campaña é dinamizar os negocios de hostalaría do Centro urbano de Viveiro, que esta edición amplía zona de participantes chegando ata Verxeles onde se une como novo negocio participante Pulperia O Panadeiro.
Ás portas da fin de semana que mellor que ofrecerlle ós clientes unhas boas e variadas tapas a un prezo moi asequible. Só hai que darse unha volta un xoves de tapeo por Viveiro para ver o ambiente que se crea en torno ó Juepeo.
Seguiranse sorteando entre os clientes 200€ en vales de compra a consumir nos locales participantes, repartidos nun premio de 100€ e dous de 50€. A forma de participar é moi sinxela, con cada tapa entregase ó cliente una tarxeta para que vote que lle pareceu a tapa, cubre os seus datos e deposítaos nas urnas que haberá habilitadas en cada local. Por cada tapa que proben, unha posibilidade de gañar.
Para este primeiro xoves de tapeo arrancamos con:
Restaurante O Muro.- Mejillón gallego en escabeche casero
Vinoteca Los Leones.- Fajita de pollo
El Tigre.- Pizza Peperoni
Restaurante Casa Pepi.- Solomillo con migas
Mesón O Recuncho.-Tosta de raxo y cebolla caramelizada
O Rincon do Tronco.- Huevo con chorizo
Asador La Quinta.- Crep relleno de merluza y grelos sobre salsa de marisco
Gastrobar Hotel Urban.- Mini pig roll
Atlántico Gastrobar.- Codillo en salsa
Mesón A Ria.- Zamburiñas
Pulpería O Panadeiro.- Cordero asado con patatas y guarnición
Heladería Puerta Real.- Creps con sirope de caramelo y filipinos










Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



