A presidenta do ente público, Susana Lenguas, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitaron nos últimos días o inmoble no que o Goberno galego investiu 50.000 euros. Os labores executados consistiron no peche do edificio polos dous frontais para mellorar as condicións de traballo dos seus usuarios, tal como solicitara a confraría de pescadores de Celeiro. A actuación incluíu o peche frontal da cara sur a través de dúas portas corredoiras e tamén toda a fachada norte. Deste xeito minimízase o risco de vandalismo no edificio así como outros trastornos na actividade. As obras remataron en días pasados e o inmoble recuperou a actividade normal.
![A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, rematou as obras de mellora da nave de redes de arrastre do porto de Celeiro](https://www.cronica3.com/wp-content/uploads/2022/11/20221128-portos-nave-redes-arrastre-Celeiro-1024x768.jpg)