A axencia, con sede en Viveiro, deseñou e desenvolveu a medida o sitio do artista —con obra en trece países e presenza en El País, ABC, RTVE ou o Instituto Cervantes—, demostrando que desde A Mariña se pode realizar un traballo con proxección internacional
Viveiro, 7 de agosto, 2026. O artista visual David Catá, natural de Viveiro, vén de estrear a súa nova páxina web: davidcata.com. O proxecto foi desenvolvido por Lapriex Digital, un estudo de deseño e desenvolvemento web tamén con sede en Viveiro, que construíu o sitio por completo e a medida.
Catá é un dos creadores galegos con maior proxección internacional. A súa obra —na que borda con agulla e fío, sobre a palma da súa propia man, os rostros das persoas queridas e os paisaxes que o marcaron— foi exposta en trece países e recollida en 84 artigos de medios de nove estados, entre eles El País, ABC, RTVE, La Voz de Galicia, HuffPost ou Daily Mail. A súa serie Horizontes chegou recentemente ao Instituto Cervantes de Río de Janeiro.
A anterior web do artista quedara obsoleta e con fallos, ata o punto de que apenas cargaba a portada. A nova, creada por Lapriex Digital, reúne toda a súa obra a pantalla completa, unha tenda propia, a súa faceta musical, a súa traxectoria e a súa presenza en prensa, dispoñible en dous idiomas (español e inglés) e optimizada para cargar rápido e posicionarse en buscadores.
«Fixónos especial ilusión: David é de Viveiro e o noso estudo está aquí, na Mariña. Ver que desde aquí se pode facer a web dun artista viveirense que triunfa no mundo, sen ter que marchar a unha gran cidade, é xusto o que nos move.»
Yuliia Kot, cofundadora de Lapriex Digital
Detrás de Lapriex Digital está Yuliia Kot, que en 2022 fuxiu da guerra de Ucraína xunto á súa familia e atopou refuxio en Galicia, en A Coruña —unha historia recollida por medios como El Español e La Voz de Galicia. En 2024 instalouse en Viveiro, de onde é a súa parella, e desde A Mariña o seu estudo crea páxinas web, tendas online e software a medida para negocios e creadores da comarca e de toda España. O proxecto de David Catá é unha das súas principais cartas de presentación.
Sobre Lapriex Digital
Lapriex Digital é un estudo de deseño, desenvolvemento web e software a medida con sede en Viveiro (A Mariña). Crea webs, tendas online e aplicacións personalizadas —sen plantillas e con infraestrutura propia— para negocios e creadores, con especial dedicación aos da comarca: Viveiro, Burela, Foz e Ribadeo. Entre os seus traballos hai webs de artistas, comercio, hostalería e turismo, e colabora con Norte22, estudo e axencia creativa da Coruña. Máis información en lapriexdigital.com. Web do artista: davidcata.com.























Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



