A xornada do próximo 12 de agosto incluirá obradoiros infantís por idades, unha ruta guiada pola serra da Coriscada e a emisión comentada en pantalla xigante a cargo do xeógrafo e meteorólogo Chema Sierra
Ortigueira, 7 de agosto de 2026. O Concello de Ortigueira, a través da concellaría de Turismo, deseñou unha completa axenda de actividades para celebrar o eclipse solar que terá lugar este mércores, 12 de agosto. A programación está pensada para todos os públicos e combina o coñecemento científico, a divulgación meteorolóxica e o contacto coa natureza a través do patrimonio neolítico do municipio, ofrecendo a veciños e visitantes unha experiencia inesquecible con motivo deste fito astronómico.
A xornada comezará pola mañá cunha serie de obradoiros científicos gratuítos dirixidos a nenos e mozos a partir de tres anos, que se desenvolverán simultaneamente entre as 11:00 e as 13:30 horas na carpa instalada na Alameda. A oferta formativa está adaptada por tramos de idade: o alumnado de educación infantil de 3 a 6 anos gozará de cuacontos e xogos de luz e sombras; os nenos de 6 a 12 anos realizarán diversos experimentos prácticos e participarán nun obradoiro para construír as súas propias gafas de observación; mentres que as persoas maiores de 12 anos traballarán na elaboración dunha maqueta explicativa sobre o funcionamento dos eclipses. Todos os participantes recibirán de forma gratuíta un par de gafas homologadas para a observación segura do fenómeno.
O alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, destaca a transcendencia deste evento manifestando que “queremos que Ortigueira viva este fenómeno astronómico de una forma participativa, educando a las nuevas generaciones e involucrando a toda la ciudadanía en una experiencia histórica que pone en valor nuestro entorno natural”.
Pola tarde, a actividade trasladarase tanto á natureza como ao corazón da vila. Ás 17:30 horas partirá unha ruta de sendeirismo guiada cara á serra da Coriscada, na que os asistentes percorrerán os paraxes próximos a diversos xacementos do Neolítico para culminar a xornada presenciando o eclipse solar desde un punto privilexiado da paisaxe ortegá. Igual que os participantes da mañá, as persoas que realicen a ruta tamén recibirán gafas homologadas para visualizar o eclipse sen ningún tipo de risco. Para participar tanto na camiñada como nos obradoiros da mañá, é necesaria inscrición previa a través da Oficina de Turismo ou mediante o teléfono e WhatsApp 981422089.
Pantalla xigante para ver o eclipse cos comentarios dun experto
De forma paralela, o Concello instalará unha pantalla xigante na carpa da Alameda para retransmitir o eclipse en directo e en tempo real. A emisión comezará ás 16:30 horas con contidos promocionais e informativos do municipio, dando paso ás 19:25 horas á narración especializada do xeógrafo e experto meteorólogo local Chema Sierra, quen comentará a evolución do fenómeno ata as 21:21 horas. A asistencia á carpa para presenciar a retransmisión é totalmente libre e aberta a todo o público, sen necesidade de reserva previa.
Pola súa banda, a concelleira de Turismo, Joaquina Piñeiro, subliñou o atractivo turístico da proposta sinalando que “coordinamos una propuesta accesible y variada que abarca desde la dinamización infantil hasta el turismo activo y la retransmisión en directo, convirtiendo a la Alameda y a la sierra de A Coriscada en epicentros de un evento único que atraerá a cientos de visitantes”.
Como complemento a esta intensa xornada de actividades, o Concello lembra que continúa aberta ao público a exposición divulgativa Eclipses de Sol, que se pode visitar actualmente tanto no claustro do Concello como nos distintos centros sociais das parroquias do municipio.
























Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.


