No PP din que non se chegou a distribuír toda a cantidade anunciada porque as bases que regulaban estas axudas eran excesivamente complexas, como avisaron os concelleiros populares
Burela, 22, novembro de 2022. No ano 2021 o goberno municipal de Burela anunciou con gran aparato propagandístico que dedicaba 181.000 euros a axudas a comerciantes, autónomos, hostaleiros e familias en situación difícil para facer fronte á situación creada pola pandemia de Covid-19. O portavoz popular, Manuel Rouco, di que o alcalde, Alfredo Llano (PSOE), recoñece que, da citada cantidade, só se empregaron para o fin indicado un total de 58.000 euros. Os populares queren saber a que se dedicaron os cartos previstos para axudas que non se destinaron a este obxectivo.
Rouco destaca o feito de que do importe total previsto só un terzo acabara chegando aos destinatarios, é dicir, comerciantes, autónomos, hostaleiros e familias en dificultades. “O máis grave é que o alcalde non quere aclarar onde van os cartos non empregados como axudas e limítase a dicir que nalgún lado estarán”. Rouco puntualiza: “Este é o alcalde de Burela en estado puro, este é o verdadeiro señor Llano”; queda perfectamente reflectido, di o portavoz popular, nesa expresión que supón unha falta de respecto a todos os veciños de Burela.
Manuel Rouco non deixa de destacar a explicación dada polo alcalde en relación a por que non se empregou a cantidade total prevista para as axudas para paliar as consecuencias da Covid-19. “Di que non fixeron falta máis cartos; é un verdadeiro insulto, especialmente coa que está a caer en Burela”.
Os populares teñen clara a verdadeira causa de que non se repartiran todos os cartos previstos para ditas axudas. Rouco explica: “En Burela todos sabemos cal foi a causa: debeuse á complexidade das bases, decididas polo goberno socialista, que regulaban ditas axudas. No seu momento avisamos dos problemas que traerían estas bases, pero no goberno non fixeron caso”.



















A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



