Ribadeo, 7 de decembro de 2022. Acisa inaugurou na tarde de hoxe a súa árbore de Nadal, que volve á súa ubicación inicial, á praciña de San Roque. Alí foi creado un espazo único, onde veciñanza e visitantes poderán fotografarse fronte ao nome de Ribadeo en tamaño XL iluminado para a ocasión.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explicou que “a árbore de Acisa, que este ano volve á súa ubicación orixinal, na coñecida praciña de San Roque, ten máis de 1.200 metros de luces led, 10 metros de altura e 5 de diámetro. Ademais está decorada no seus laterais cos logotipos dos establecementos asociados, para facer promoción dos socios e socias de forma directa nun lugar que será de paso para moitas persoas. E no seu frontal leva o nome de Ribadeo en letras XL, de 8×1 metros. A nosa árbore foi acendida xunto co alumeado de todas as rúas de Ribadeo por parte do Concello, ao que lle queremos agradecer a súa colaboración nos traballos de instalación e nos permisos correspondentes”.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, subliñou que “queremos desde Acisa animar á veciñanza a realizar as súas compras no comercio local, que é un referente en toda a contorna, tanto en Galicia como en Asturias. E para que así siga a ser o mellor que podemos facer é apostar polas tendas de confianza, polas tendas de toda a vida, nas que atoparemos un trato amable e personalizado, onde poderemos tocar e probar os produtos. O comercio e a hostalería local son os motores das vilas e temos que seguir apostando por eles e apoiándoos, de aí todo o traballo que estamos a realizar desde a Asociación de Comerciantes, Industrias, Servizos e Autónomos de Ribadeo, co reparto de diferentes materiais de xeito gratuíto e coa organización de diversas actividades ao longo de todo o ano”.
Pérez Prada dixo que “o que queremos é contribuír a crear e manter o espírito destas datas en Ribadeo Para animar as compras e o ambiente do Nadal nas nosas rúas soarán de novo as panxoliñas estes días. En total colocáronse mais de 30 altofalantes en diferentes localizacións, a través dos que soará a música de Nadal, durante esta ponte dende hoxe e ata o 11 de decembro en horario de 12 a 14 horas polas mañás e de 18:00 a 22:00 horas polas tardes-noites, co fin de non molestar nas horas de descanso e para crear ambiente nas horas principais do día para a hostalería e o comercio locais. Logo haberá un pequeno descanso e volveran soar dende o 22 de decembro ao 6 de xaneiro, no mesmo horario”.
Cruzado Iglesias engadiu: “coa inauguración da árbore na praciña de San Roque e co son das panxoliñas, iniciativa que achegan á veciñanza o Concello e Acisa, arrinca a programación de Nadal, que virá cargada de campañas e actividades, que iremos desvelando e que agardamos que sexan de moi bo agrado para veciñas, veciños e visitantes”.
Ao acendido da árbore acudiron o alcalde, Fernando Suárez, os concelleiros de Cultura, Medio Ambiente e Desenvolvemento Local, Pilar Otero, Jorge Díaz e Pablo Vizoso, así como a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez.

























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



